WANG SHU + LU WENYU

Manifesta
WANG SHU + LU WENYU. MÁIS VIDAS QUE UN GATO.
09 Xuño 2020

Esta sesión do ciclo Mies é Máis desenvólvese como a anterior en modo online, e dedicámola á parella de arquitectos chineses Wang Shu e Lu Wenyu. A idea da súa arquitectura, e a esencia dos proxectos que deseñan no seu estudo Amateur Architecture Studio, baséase na reutilización de materiais de construción que proveñen de demolicións, e recuperar as formas de construción tradicionais desde unha concepción moderna do espazo.

A didáctica dividímola en dúas propostas que axudan a entender a importancia dos materiais nas súas obras. Por unha banda, realizando mostras a modo de pegadas impresas de obxectos, entendendo a técnica do formigón con encofrado de bambú presente na maioría dos seus edificios. E por outro, poñendo en práctica a técnica tradicional construtiva chamada Wapan que os arquitectos utilizaron no proxecto do Museo da Historia de Ningbo, deseñando unha fachada reutilizando materiais e colocándoos a modo de colaxe reflectindo as historias escondidas nos obxectos que se utilicen. Obtense así unha fachada chea de memoria, de materialidade expresiva, auténtica e persoal.

 

Selección do material utilizado