WALTER GROPIUS

Experimenta
WALTER GROPIUS. ARTE E INDUSTRIA
28-29 novembro 2020

Nesta sesión do ciclo Mies é Máis centrámonos na vida e obra do arquitecto alemán Walter Gropius, e a pegada que deixaron os seus anos como director da Bauhaus.

Para as propostas prácticas baseámonos na súa idea da vivenda como máquina de habitar, seguindo os estándares da prefabricación a través da produción en serie; conseguindo a máxima estandarización e variedade de vivendas.

A través da combinación dunha serie de 6 módulos rectos e de formas cúbicas; conséguense distintas configuracións de vivendas segundo o número de habitantes e as súas necesidades; proporcionando una certa liberdade na composición sen perder a estética moderna da época.

 

 

Selección do material utilizado