PILPAYU – Arquitectura tradicional

A arquitectura tradicional é a arquitectura do tempo e da xente. Citando ao arquitecto Miguel Fisac; “… é a arquitectura que fai o pobo e o tempo.

A arquitectura popular é o resultado da decantación sosegada dun conxunto unitario de estruturas, cerramentos, espazos e solucións construtivas que a través de moitas xeracións de usuarios, deron testemuño da súa bondade.
E o pasar anónimo de moitas xentes, con idiosincrasia común, con desexos e aspiracións comúns, é o que fixo aflorar esa oculta singularidade dunha colectividade social, aparentemente gregaria, que ten con todo, unha acusada personalidade…

Seguindo estas premisas analizaremos as diferentes tipoloxías e disposicións de vivenda tradicional de costa, vales ou montaña. Por suposto o tradicional hórreo, sen dúbida unha construción singular cuxos valores van máis aló do estritamente arquitectónico, e cuxa cimentación dá nome a este proxecto.







OUTROS TALLERES SIMILARES
REALIZADOS CO SISTEMA LUPO.

Arquitectura a vuelapluma
Fundación Cerezales Antonino y Cinia
img_didactica_cerezales