PILPAYU – Arquitectura das Vangardas

O Centro Niemeyer de Avilés é un exemplo único en Europa de arquitectura contemporánea e permítenos estender as bases do Proxecto Pilpayu á Arquitectura do século XX. Exponse unha didáctica baseada no autor. Cada día coñeceremos a un dos grandes autores protagonistas da modernidade na arquitectura; Le Corbusier, Mies van der Rohe, Lina Bo Bardi ou o propio Niemeyer, entre moitos outros. Cada un deles permitiranos profundar na relación da arquitectura con distintos aspectos: o urbanismo, a estrutura, as formas, a arte, o espazo, os materiais ou o territorio.

Taller inicial: Le Corbusier en 5 puntos

Le Corbusier foi un dos grandes arquitectos do século XX, porque revolucionou a arquitectura a través dunha formulación nova coñecida como Estilo Internacional que explicou longamente por medio de escritos, clases, conferencias e, claro, proxectos. Grazas a iso a súa fama estendeuse por todo o mundo logrando que as súas teorías fosen, e continúen sendo, seguidas por discípulos por todo o mundo, por iso coñéceselle como un dos Pais da Arquitectura Moderna. Toda a súa obra e teoría arquitectónica fundaméntase en “os 5 puntos da arquitectura” e en desenvolvelos sempre en referencia ás dimensións humanas grazas á súa Modulor.




OUTROS TALLERES SIMILARES
REALIZADOS CO SISTEMA LUPO.

Mies es +
CGAC. Santiago de Compostela

Torre de Vista Alegre
Universidad del Pais Vasco. Donostia
img_didactica_vistaalegre2
2 en 1
CGAC+Museo do Pobo Galego
img_didactica_cgac2