Eco Lupo 2009




// O Eco Lupo 2009 encóntrase descatalogado.
// Dende 2015 pódese encontrar un novo EcoLupo que podes descubrir aquí.


Eco lupo é unha versión de Lupo integramente realizada en madeira.
Baséase nun set de sete pezas básicas de formas e dimensións proporcionais entre se, de modo que permiten gran cantidade de aparellos e combinacións. As pezas únense mecánicamente encaixándose pola súa xeometría ou mediante espigas.

Didáctica

Lupo é un instrumento didáctico que fomenta a capacidade de visión en dous e tres dimensións. As actividades formulan contidos de equilibrio e forma que fomentan a capacidade de visión en dous e tres dimensións, proporcionando retos intelectuais ao usuario que estimulan as súas habilidades de coordinación, memoria e creatividade.
Estes son algúns dos retos que podes encontrarte.

Material ecolóxico

Lupo apóiase en materiais naturais e resistentes, tanto pola natureza da súa composición coma polas súas formas redondeadas. As pezas son de madeira maciza e a carencia de arestas xera un xoguete manexable, seguro e duradeiro.

Compromiso social

O proceso de industrialización compatibiliza unha fase industrializada en taller cun manipulado do estoxo definitivo. Esta última fase realízase en colaboración con asociacións de apoio á integración laboral de persoas con minusvalidez.


Time Lapse de Eco Lupo realizado por From del Beyond Productions