Eco Lupo






artesania

Artesanía

EcoLupo é un produto artesán tanto na forma de utilizar a materia prima coma na execución propiamente dita.

Lupo apóiase na industria nacional e na artesanía local. Dende Sistema Lupo cremos na forza do emprendemento. Este proxecto ten autofinanciado a través dos talleres e venda de produtos dende as súas orixes.

controldecalidad

Control de calidade

Cada unha das pezas de EcoLupo está sometida a unha inspección, tanto táctil coma ocular, que garante que as calidades das madeiras nobres non se vexan alteradas.

sostenibilidad

Sostibilidade

EcoLupo é un produto sostible producido con madeiras de tallas certificadas.

A súa incidencia sobre o consumo de madeira é mínima debido a que gran parte provén de elementos reciclados ou despuntes doutras fabricacións.

tiposdemadera2

Tipos de madeira

EcoLupo está fabricado con madeira proveniente de especies frondosas, tanto europeas coma americanas, tales como nogueira, castaña, cerdeira, haxa, carballo, freixo, pradairo, etc.

acabado2

Acabado

EcoLupo preséntase coa madeira no seu estado natural, sen ningún tipo de rematado.

No proceso de selección da madeira téñense en conta as súas propiedades estéticas, físicas e mecánicas, atendendo por unha parte a calidades como o listado, a cor ou o gran, e por outra ao grao de secado, dureza e durabilidade.