Chillida Lupo



Proxecto realizado en colaboración co departamento de documentación do museo Chillida Leku

Versión de Eco Lupo realizada para interpretar de modo orixinal a obra escultórica de Eduardo Chillida. O achegamento á obra incide de xeito especial na compoñente xeométrica e estrutural. Os grandes volumes esculturais sorprenden polas súas formas pero tamén polos seus difíciles equilibrios de masa. Os xogos de cheo-baleiro e os pronunciados beiriles exploran os límites do material. As esculturas propostas supoñen retos que axudan a interpretar a obra de Chillida, dende as máis complexas xeometricamente como os peites a outras máis alcanzables como o Eloxio do Aire ou De música IV pero sorprendentes dende o punto de vista do equilibrio. O campo estrutural protagoniza obras como Eloxio do horizonte IV ou Toki Egin. O desmontable destinado a público adulto componse de 46 pezas e está integramente fabricado en madeira.
O estoxo inclúe ademais un caderno realizado en colaboración co departamento de documentación de Chillida-Leku con explicacións das diferentes esculturas e as instrucións de montaxe cun código de dificultade.

Material ecolóxico

Lupo apóiase en materiais naturais e resistentes, tanto pola natureza da súa composición coma polas súas formas redondeadas. As pezas son de madeira maciza e a carencia de arestas xera un crebacabezas manexable, seguro e duradeiro.
Para un manexo doado aconséllase o uso de medios mecánicos para sacar as espigas sen danalas.

Compromiso social

O estoxado do Chillida Lupo realízase en colaboración con asociacións de apoio á integración laboral de persoas con minusvalidez fomentando así a súa inserción social.

Didáctica

Lupo é un instrumento didáctico. As actividades formulan contidos de equilibrio e forma que fomentan a capacidade de visión en dous e tres dimensións, proporcionando retos intelectuais ao usuario que estimulan as súas habilidades de coordinación, memoria e creatividade.