MIES es + // Rem Koolhaas

Manifesta
REM KOOLHAAS: SEN/CON TEXTO
25-26 Febreiro 2017

Sesión destinada ao arquitecto holandés Rem Koolhas. Fillo de escritor e neto de arquitecto traballou no mundo do xornalismo antes de dedicarse á arquitectura. Este gañador do Pritzker no ano 2000 escribiu o que probablemente sexa o libro máis influente na arquitectura do século XXI: S, M, L, XL.

A través da súa obra, tanto construída como a nivel proyectual, vimos a súa desvinculación coa contorna e como os propios edificios toman protagonismo por si mesmos. A casa E2K e a súa relación coa casa da música do Porto, a sede da televisión central de China, a biblioteca de Seattle ou o estadio olímpico de Beijing son exemplos da súa arquitectura máis mediática.

A continuación exploramos varios dos seus proxectos non construídos de torres imposibles para logo xogar a deseñar as nosas a pequena escala con Lupo Plot.

Na última parte do taller detivémonos a analizar algunha das súas vivendas como a Vila Dall’Ava ou a famosa casa en Bordeus, deseñada para un matrimonio cuxo marido se quedou recentemente en cadeira de rodas. A construción final con Super Lupo consistiu nunha análise estrutural desta última vivenda. Composta por un gran alicerce cilíndrico, vigas en voladizo, pórticos e tirantes fan desta construción un reto emocionante que conseguimos superar cun éxito rotundo.

* Fotos de Manu Suárez

_
Selección do material utilizado