MIES e + // Mies van der Rohe

Manifesta
MIES VAN DER ROHE: EU MODULO, TI MODULAS, MIES MODULA
28-29 Xaneiro de 2017

Sesión destinada ao arquitecto que dá nome ao ciclo, Mies Van der Rohe. Nesta sesión falouse aos participantes da súa filosofía minimalista do – é + e como se aplica aos seus proxectos tanto de edificios como de mobiliario. Puidemos observar como os seus proxectos baséanse no módulo: a casa 50×50, o pavillón Barcelona ou a casa Fansworth son bos exemplos diso. Tamén quixemos profundar no detalle construtivo e realizamos unha reconstrución con Super Lupo do alicerce do pavillón Barcelona a unha escala ampliada.

A continuación tratamos de ver como o deseño modular e o uso predominante do vidro e o aceiro tamén se aplica aos seus rañaceos por exemplo o Seagram Building de Nova York.

Na última parte da sesión fixemos un breve percorrido por dous dos seus pavillóns; o Crown Hall de Chicago e a National Gallery de Berlín. Analizamos tanto o seu deseño compositivo como estrutural coas súas enormes vigas en celosía que permiten grandes luces. A actividade final do taller consistiu na construción deste último edificio con Super Lupo. Non foi nada sinxelo e tivemos que poñer todo o noso empeño e destreza pero finalmente conseguimos o noso obxectivo cun gran resultado.

* Fotos de Manu Suárez

_
Selección do material utilizado