MIES é + // Buckminster Fuller

Experimenta
BUCKMINSTER FULLER: A NAVE ESPACIAL TERRA
29-30 Abril de 2017

Taller realizado no Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC- dentro do ciclo MIES é + dedicado a autores representativos da arquitectura contemporánea.

Esta sesión dedicouse a Richard Buckminster Fuller, arquitecto, deseñador, escritor e inventor. Ao longo da súa vida Fuller sempre buscou a eficiencia, traballando na súa liña de deseños DYMAXION (DYnamic – MAXimum – tensION) que aproveitaba ao máximo o espazo e os materiais. Tamén investigou no campo das estruturas tensadas e trianguladas, desenvolvendo as súas famosas cúpulas geodésicas.

Durante o comezo da sesión vimos varios dos seus innovadores deseños DYMAXION, e algúns exemplos da súa obra arquitectónica, tanto as súas propostas teóricas como as súas obras construídas.

Despois da breve presentación dos seus deseños, obras e propostas, dedicámonos ao noso, a construír! Empezamos con algúns sólidos platónicos para entender as estruturas trianguladas. Logo, quixemos levar á realidade a súa proposta máis arriscada, a cúpula sobre Manhattan. Montamos primeiro unha cúpula geodésica cun sistema de barras de madeira e unións, unha vez terminada construímos nosa propia versión da cidade de Manhattan co Sistema Lupo.

* Fotos de Manu Suárez

_
Selección do material utilizado