MIES es + // ALMA BUSCHER

Experimenta
ALMA BUSCHER. EXPERIMENTACIÓN FORMAL. BAUHAUS
24-25 Febreiro de 2018

A sesión de Febreiro de 2018 do ciclo Mies é máis no CGAC dedicouse á deseñadora alemá Alma Siedhoff-Buscher. Foi unha das alumnas máis destacadas da Bauhaus e destacou notablemente no deseño de mobiliario e de xogos para a infancia.

Facendo unha comparación co mobiliario e a xoguetería da época vimos como os principios da Bauhaus aplicados aos seus deseños resultaron innovadores tanto polas súas xeometrías limpas como polo uso da cor, todo iso unido a unha profunda relación cos procesos de fabricación.

A continuación centrámonos nos seus bloques de construción Bauspiel. Sendo unha gran novidade no campo do xogo simbólico a primeira tarefa consistiu en construír con SuperLupo un dos seus deseños máis famosos, o barco.

A seguinte actividade consistiu en traballar por parellas para deseñar o noso propio xogo de bloques de construción unindo 2 ou máis pezas de LupoPlot. Unha vez conseguido tratábase de deseñar unha portada para o xogo co seu título, nome de cada peza, logotipo, etc. Por último só nos quedaba testar o noso produto e para eles tivemos que construír diferentes obxectos cotiáns como un coche, unha árbore, unha casa ou un can.

Grazas a esta dinámica démonos conta que a tarefa de deseñar non é tan sinxela como parece e hai que ter en conta moitos aspectos que nun principio pasan desapercibidos. Así que sen dúbida, podemos cualificar o traballo de Alma Buscher como brillante e o que é aínda mais sorprendente: actual.

_
Selección do material utilizado