MIES E + // EILEEN GRAY

Sente
EILEEN GRAY. ESPÍRITU LIBRE
28-29 Abril de 2018

Seguindo co ciclo MIES é + dedicamos a sesión do mes de Abril de 2018 á deseñadora Eileen Gray, unha das moitas mulleres que se merecen un posto de honra na historia do deseño do S.XX.

Eileen, irlandesa de nacemento, pronto se trasladou a Londres e máis tarde a París para formarse como artista onde xa empezou a mostrar gran interese polo mundo do lacado. Alí abriu a súa primeira galería de arte onde mostraba os seus deseños nos que abundaban os mobles lacados ao estilo oriental.

Durante a sesión comentamos algúns dos seus deseños de celosías, cadeiras de brazos, alfombras, espellos e mesmo debuxos. Por último, e ao tratarse dun taller de arquitectura, non podiamos pasar por alto a casa E1027. Deseñouna para ela mesma e logo foi reformada polo mesmo Le Corbusier nunha intervención non exenta de polémica.

Os participantes puideron practicar a súa habilidade no deseño de celosías e mobles ademais de recrear a casa E1027 con Superlupo.

_
Selección del material utilizado