MIES e + // LOUIS KAHN

Manifesta
LOUIS KAHN. O ESPÍRITO DO LADRILLO
27 Outubro – 28 Outubro 2018

A sesión inaugural do curso dentro do ciclo Mies é Máis foi dedicada ao arquitecto americano Louis Kahn. Fiel seguidor de Le Corbusier, Kahn destacou polo uso do material a través da súa simpleza e da procura dunha linguaxe propia tanto co formigón visto como co ladrillo. Tamén tivemos ocasión de ver parte do documental que lle dedicou un dos seus fillos no que se mostraba un dos seus proxectos máis tolos: un barco musical.

Na parte práctica da sesión recreamos os grandes ocos circulares presentes na súa arquitectura e o barco musical citado anteriormente.

_
Selección do material utilizado