MIES e + // FÉLIX CANDELA

Manifesta
FÉLIX CANDELA. ESQUELETOS EFICIENTES
27 Abril – 28 Abril 2019

A sesión do ciclo Mies é Máis destinada ao arquitecto hispano-mexicano Félix Candela deunos a oportunidade de valorar a importancia da xeometría no deseño de espazos. Vimos como algunhas superficies regradas como paraboloides ou hiperboloides teñen características idóneas para algúns tipos de espazos se se saben executar ben.

Como exemplos da súa obra vimos o restaurante Os Mananciais, a igrexa de San José Obreiro ou o pavillón de deportes de México.

Xa ao choio, distribuímonos en grupos e cada un construíu unha superficie regrada diferente utilizando Lupo para as partes ríxidas e trapillo para as rectas superficiais. O primeiro dos grupos fixo un hiperboloide e os outros dous un paraboloide hiperbólico seguindo o patrón do restaurante Os Mananciais e a igrexa de San José Obreiro respectivamente.

_
Selección do material utilizado