Lupo ASAC

Facultade de Psicoloxía (Universidade de Santiago de Compostela)

Datas
Curso 2018-2019
Curso 2019-2020

Horario
Sábados 10:00 h a 14:00 h

Organiza
ASAC Galicia

Dirixe
Carmen Pomar Tojo

Coordina
Miriam Fernández Barreiros (psicóloga)

Didáctica
Sistema Lupo

Equipo
Fermín G. Blanco (arquitecto)
Leticia Zapata Medina (arquitecta)
Noelia Villaverde Rozas (psicóloga)

+info

 

¿Qué é Lupo ASAC?

Lupo ASAC é unha proposta didáctica dirixida a nenas e nenos que posúen altas capacidades, realizada en colaboración cos profesionais de ASAC Galicia na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. O curso consta de 10 sesións onde se traballa a partir da arquitectura facendo especial fincapé en xogos de visión espacial, proporcións lóxico-matemáticas e en retos colaborativos que fomentan o traballo en equipo. Sendo a arquitectura o fío condutor do curso, traballamos transversalmente a historia, xeografía, patrimonio, deseño, creatividade, arte e expresión en diferentes medios.

A Asociación de Altas Capacidades de Galicia organiza mediante o Campus Ronsel, unha serie de actividades que defenden a idea de cooperación e traballo en equipo a través de módulos de natureza artística, científica ou tecnolóxica, entre outros, como base fundamental para o desenvolvemento integral de nenos e nenas. Dentro do programa, ademais dos talleres, os nenos reciben un seguimento psicolóxico por especialistas en altas capacidades, así como, as familias reciben asesoría e cursos de formación.