ESPAZO

Espazo

Organiza
Sistema Lupo

Fotos
Equipo Sistema Lupo



 

Descrición
Despois dunha introdución teórica na que seremos ilustrados con cheas de variantes do concepto de tobo, xa sexan feitas por animais ou por humanos, proxectadas e pensadas para diferentes usos e actividades e cunha infinidade de materiais e tamaños variados, pasamos á segunda fase.

Esta fase seguinte céntrase no traballo a mediana escala, neste caso dada esta situación de ter que estar na casa, cada un apropiarase do espazo que teña, e nese espazo cada neno creará o seu tobo dentro de casa. Con materiais dos que dispoñemos habitualmente en casa pódense crear infinidades de espazos de acubillo ao gusto de cada usuario e nos que cada un realizará as actividades que estime oportunas.

Neste caso obtivemos unha chea de tobos diferentes, diversos pequenos espazos que cada neno adaptou ao seu tamaño e o seu gusto e que lles proporcionarán a súa propia estancia, un recuncho íntimo proxectado e levado a cabo por eles mesmos.