CHRISTO + JEANNE CLAUDE

Experimenta
CHRISTO + JEANNE CLAUDE. A INTERVENCIÓN DE EDIFICIOS A ESCALA NATURAL.
27-28 febreiro 2021

Esta sesión do ciclo Mies é Máis dedicámola á parella de artistas ambientais Christo e Jeanne Claude.

As características máis importantes das súas obras son, a escala, o material téxtil, e o lugar no que realizan as súas propostas. A través das súas intervencións a gran escala en espazos urbanos e/ou paisaxes naturais, modifican completamente a percepción do espazo intervido.

A didáctica divídese en dúas propostas, que a parella de artistas desenvolve ao longo de toda a súa traxectoria artística. Por unha banda, unha proposta de Obxecto Envolto con tea e corda, acentuando as súas proporcións e xeometría revelando así a súa esencia. Doutra banda, centrarémonos na construción dunha Mastaba con elementos cilíndricos, a modo dos barrís de aceite que usaban eles neste tipo de obras.

 

 

Selección do material utilizado