C.E.I.P San Mamede

2015-2019

Centro
CEIP San Mamede

Localización
San Xián de Sales, Concello de Vedra, A Coruña

Promotor
Concello de Vedra

Arquitecto
Fermín Blanco

Colaboradores
Luis Miguel Fernández López
Alba Pérez Fernández
Jose María Castrillo Neira


Descrición

Este centro formou parte dunha familia de prototipos escolares repartidos polo concello de Vedra e por toda Galicia para impartir estudos primarios. Algúns centros como o de San Xian de Sales aínda manteñen o seu uso mentres que outros como este de San Mamede perderon o seu uso inicial como centro escolar e sobreviven actualmente como locais sociais de reunión. Orixinalmente
do mesmo xeito que a de San Xián de Sales, contaba con dúas aulas en planta baixa con aseos separados por sexos e unha escaleira e na planta superior dispoñíanse as vivendas dos mestres.

O proxecto expón o acondicionamento deste espazo como Obradoiro compartido para a elaboración de produtos agrícolas e o tratamento de residuos agrícolas. Exponse dúas salas en planta primeira con aseo adaptado como un espazo destinado ao aproveitamento e comercialización de excedentes de produción e residuos agrícolas procedentes da industria agroalimentaria. Este tipo de centro pretende resolver unha necesidade de primeira transformación de produto moi leve (limpeza e envasado de produto ao baleiro) que non se pode resolver actualmente doutra maneira que non sexa a construción dunha nave en chan industrial e o correspondente e longo proceso de tramitación. Trátase por tanto dunha especie de viveiro de empresas de pequeno tamaño, un punto de inicio onde se pon a disposición do usuario unha serie de medios para o aproveitamento e valorización de produtos e excedentes que doutra maneira converteríanse irremediablemente en refugallos.