Artes, Arquitecturas e Territorios na Educación

Xornadas formativas para estudantes de doutoramento

12 e 13 Marzo 2020

Facultade de ciencias de la Educación. Universidade de Granada

Lugar
Seminario de Didáctica da Expresión Plástica. Aulario

Organiza
Programa de Doutoramento en Artes e Educación
Programa de Doutoramento en Ciencias da Educación

Coordina
Rafaèle Genet
Pedro Chacón

Participan
Xabier Molinet Medina
Rafaèle Genet Verney
Jose María Masías Lema
Fermín González Blanco
Inmaculada González Falcón

[web]
+ info


Descrición

Se a cidade é un espazo vital para o ser humano porque é o envolvente do seu fogar, a prolongación das súas actividades domésticas, o lugar de relación co outro, é para o neno/a un espazo aínda máis importante xa que é para el, non só é o lugar onde realiza estas actividades, senón tamén o lugar onde aprenden a realizalas. Na actualidade, os nenos e nenas están excluídos do espazo urbano restrinxíndose o seu uso a espazos especificados concibidos exclusivamente para eles. É necesario atopar alternativas educativas para que aprendan da cidade e da súa arquitectura e volva ocupar un lugar no espazo urbano.

Este seminario está enfocado á investigación sobre a cidade, a arquitectura e os instrumentos de investigación visuais existentes para indagar sobre ela. Así como presentaranse procesos innovadores de ensino que reflexionan sobre a comprensión do espazo urbano e arquitectónico e a maneira de apropiarllo.

Obxectivos

-Entender a cidade como un espazo de ensino e un lugar de experiencia estética.
-Concienciarse sobre o papel da nosa contorna arquitectónica e urbanística na educación.
-Reflexionar sobre o uso pedagóxico dos espazos educativos e domésticos.
-Reflexionar sobre procesos de ensino do espazo.