Arquitecturas vivas

Paraboloides, Hiperboloides, Semiesferas e outros vertebrados: Taller de Arquitecturas Vivas

Organiza
Sistema Lupo

Material necesario maquetas (9 unidades)
-Ferramentas de medida (regra, escalímetro, escuadra, cartabón…)
-Ferramentas de corte (tesoiras, cúter, alicates…)
-Arame para as unións
-Basees de cartón pluma ou porexpan (9 unidades) con medidas de 50x50cm e espesor de 10mm ou superior
-Medula de 3mm de diámetro (bobina de 1kg)
-Paus tipo espetada de 30cm (100 unidades aprox.)

Material necesario arquitecturas vivas
-Ferramentas de medida (metro)
-Ferramentas de corte (tesoiras, cúter, alicates…)
-Arame ou cordel para as unións
-Paus de vimbia e bambú

Fichas actividade
[pdf]

Equipo
Fermín G. Blanco
Luis Miguel Fernández López
Alba Pérez Fernández
Ignacio Bescansa Bastarreche
Leicia Zapata Medina
Víctor GG Echave

Fotos
Manu Suárez
Equipo Sistema Lupo


 

Descrición
Mediante esta actividade, mostrámosvos un taller tipo cos que nós traballamos habitualmente para a transformación de espazos á vez que introducimos unidades didácticas. Desde o punto de vista educativo trabállase sobre tres claros obxectivos: a xeometría, a natureza, a través de diferentes materiais como a vimbia e o bambú e, por último, as destrezas manuais e a creatividade.

Desde o obxectivo da xeometría, unha unidade didáctica introdúcenos no taller coa explicación das figuras e en especial coas figuras revolucionadas: elipsoide, paraboloide e semiesfera, coas que se vai a traballar.

Desde a natureza, convídase a traballar con materiais naturais, vimbia e bambú, e tamén con procesos naturais vinculados ao mundo da cestería tanto en clave actual como tradicional.

E en referencia á creatividade, unha vez coñecidas as formas xeométricas comúns, lánzase o reto aos participantes de crear as súas propias formas naturais xa que as xeometrías tamén poden ser libres.

A actividade estrutúrase en tres fases. A primeira delas é a fase teórica onde se mostran diferentes xeometrías, de onde saen estas formas e as súas aplicacións no mundo que nos rodea, onde se observamos, podemos atopar infinidade delas.

A segunda fase consiste na construción de maquetas das diferentes xeometrías: elipsoide, paraboloide e semiesfera. O ideal é que os participantes se dividan en pequenos grupos de traballo e traballen cos modelos reducidos a escala 1/10. Esta actividade fomenta o traballo en equipo e a cooperación, así como a destreza manual.

E por último, a terceira fase céntrase tamén o traballo en grupo, pero esta vez a gran escala, de modo que nos enfrontaremos neste caso á realidade, a escala 1/1. Nesta etapa faremos uso da vimbia e do bambú, de forma que traballamos constantemente en relación coa natureza e as súas técnicas. O obxectivo final desta parte e do taller completo é a construción da nosa aula nunha contorna natural. O ideal é realizar esta actividade no patio escolar, nunha contorna natural, de forma que a nosa estrutura póidase plantar no chan e conseguir que rebrote para chegar ao noso obxectivo final que é conseguir unha ARQUITECTURA VIVA.