Visita Arbizuko Herri Eskola

Transformar a escola pública

13 Xaneiro 2020

Centro
Arbizuko Herri Eskola

Localización
Arbizu (Navarra)

Directora
Ainara Martín

Coordinadora
Lierni Galarraga

Participan
Aitor Etxarte
Clara Eslava
Ainara Martín
Lierni Galarraga
Ula I. Busturia
Mr. Lupo

Arquitectos
OM Arq.[web]

[+info/Sobre el proceso en los encuentros Educación y Espacio. Consejo Escolar de Navarra.2018]

 

Descrición

Convidados polo centro e baixo a sempre detallista organización de Aitor Etxarte puidemos ver de primeira man os logros xerados nesta comunidade navarra. Arbizuko é unha escola pública dentro dun grupo de escolas rurais da comarca de Sakana.

A loita da súa directora Ainara e dun reducido grupo de profes e familias conseguiron pasar dun edificio altamente deteriorado a un centro novo realizado a través dunha
aposta do goberno navarro para a actualización arquitectónica destas escolas.

A Herri Eskola forma parte da primeira familia de centros públicos navarros deseñados a través duns pregos de contratación actualizados que inclúen os estudos do estudo Eslava e Tejada para incidir na calidade educativa e pedagóxica dos mesmos.

Durante a xornada aprendemos moito da experiencia e puidemos valorar as dificultades, éxitos e erros dun complexo impulso onde conserxería, unidades técnicas, familias, e concello (Federación Navarra de Municipios e provincia) son pés fundamentais. O centro recentemente aberto neste curso escolar está a iniciar unha andaina e traballando cos novos espazos de modo progresivo.

As imaxes dan unha idea dos espazos continuos en cota única, amplos corredores que permiten o xogo con materiais diversos, aulas integradas en tres grandes bloques segundo idades, comedor, transparencia, mobiliario adaptado ao traballo cooperativo, xestión interior-exterior, calefacción de baixa temperatura con biomasa, ximnasio con saída directa ao patio…

É destacable o ambiente neutro, a luz natural, a presenza de madeira como textura en interior e exterior e o mimo con que Clara Eslava deseñou as mesas poligonales re-interpretando a pata finlandesa e introducindo a cor polo envés, detalles pensados para os máis pequenos.