SOL E CARDOS. OBRADOIRO INFANTIL DE ARQUITECTURA

Fundación Luis Seoane

Datas
1 Xullo a 12 Xullo 2019

Horario
10:00 h a 14:00 h

Didáctica
Sistema Lupo

Idades
4 a 14 anos

Folla de inscrición [descarga]
Fundación Luis Seoane [web]


 

¿Qué é Sol e Cardos?

Sol e cardos é unha proposta didáctica dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos a través da que coñecerán aspectos básicos da arquitectura, o deseño e as artes visuais. Ao longo de dez sesións, que se desenvolverán de luns a venres entre o 1 e o 12 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, os participantes experimentarán con conceptos como a escala ou a xeometría e coñecerán os fundamentos de sistemas como a bioconstrución, entre outras materias, nunha actividade orientada a estimular a creatividade dos máis pequenos a través do traballo en equipo.

Para participar, é necesario formalizar a matrícula correspondente, descargable a través do enlace seguinte: Folla de inscrición [descarga]