Super Lupo




Super Lupo é un xoguete de construción especialmente destinado á grande escala. O material de que se compón é o poliestireno expandido. Material caracterizado pola súa alta capacidade illante, a súa lixeireza e o seu carácter inocuo que o converten nun material apto para a construción de estruturas complexas de gran tamaño orientadas á didáctica de grupo.

Instrucións de uso de SUPERLUPO




Exemplo de uso de SUPERLUPO no taller PEÑA GANCHEGUI en Donosti.