Lupo Ñam

Lupo Ñam é un proxecto en desenvolvemento onde tratamos de obter o noso Lupo comestible, para iso desenvolvemos unha serie de probas desde diferentes ámbitos, escolas de hostalería, obradoiros e artesáns reposteiros.

O primeiro dos Lupos comestibles que podemos ensinarvos é o Lupo Gominola. Baixo as directrices do chef Laín Montes desenvolvéronse uns experimentos, con diferentes ingredientes e técnicas tratando de converter os bloques lupo en material comestible apto para unha xornada didáctica e lúdica. Tras varias tentativas optouse pola gominola natural, unha versión colorida, divertida e dixestiva.

¡Un Lupo
que se
pode
comer!





Receta de la gominola

1. Poñemos a ferver a auga, e cando ferva, espolvoreamos sobre ela o agar- agar en po e sen apartar do lume, removemos constantemente deixando ferver durante dous minutos máis.

2. Á parte, mesturamos o puré de amorodos ou o zume de laranxa co azucre (150 gr).

3. Pasados os dous minutos, retiramos do lume o agar- agar, mesturamos coa froita, e volvemos poñer ao lume, e seguimos removendo sen parar durante 2 minutos máis. Pasado ese tempo botamos a mestura no molde ou moldes elixidos e deixamos arrefriar a temperatura ambiente.

4. Nunha hora estará listo, pero se se vai a conservar máis tempo, é recomendable introducir as lambetadas no frigorífico. Pódense conservar nun tarro de cristal tapadas durante unha semana aproximadamente.

Ingredientes
_
con puré de froita
Puré de froita / 250gr
Agua / 200gr
Azucar / 100-200gr
Agar-agar en po / 8gr

_
con zume de froita
Zume de froita / 250gr
Agua / 200gr
Azucar / 100-200gr
Agar-agar en po / 9-10gr

.