Lupo Design

slide-design-01


Mobiliario
Froito do proceso de fabricación de Eco-Lupo, obtéñense negativos en forma de celosías modulares. Estes taboleiros dan lugar á serie de produtos Lupo Design especialmente destinados a mobiliario de deseño. A combinación das grellas Lupo e de taboleiros lacados de madeira forman unha familia de mobles de madeira doados de montar e flexibles en uso e dimensións.

Xoias
Utilizando as xeometrías Lupo, deséñase unha colección de xoias en prata onde se traballa coa precisión da xoiaría a escala mínima. Os ocos das pezas serven aquí para aloxar as pedras de ametista. A flexibilidade de usos permite variación nos pendentes na súa dobre utilización de curto ou longo.