Lupo Adobe





Lupo Adobe é unha variante de Sistema Lupo fabricada en adobe.

As súas pezas constitúen a xeometría Lupo no seu estado puro, sen ancoraxes nin unións, o seu aparello realízase por gravidade ou encaixe segundo as xeometrías utilizadas.

Lupo Adobe fixa a súa modulo base nun cubo de 5 x 5 x 5 cm sendo equivalente en tamaño á versión Lupo DIY e situándose nun chanzo intermedio entre Super Lupo e Eco Lupo.


¿Por qué?
A finalidade desta versión ao igual que outras variantes do sistema como o Lupo DIY é dobre;
-Preténdese introducir os participantes dos talleres no proceso de fabricación das pezas, e ademais alí onde sexa posible, formúlanse talleres inter xeracionais onde os nenos aprendan dos maiores.
-Perséguese ademais a adaptación do sistema a materiais comúns, baratos e doadamente traballables eliminando deste modo a limitación de pezas dispoñibles para o xogo.


Didáctica
A través do Lupo Adobe pode iniciarse un achegamento á didáctica Lupo. As súas aplicacións poden estenderse á visión en 2 e 3 dimensións, a memoria visual ou os xogos matemáticos.
O proceso de creación dos lupos de adobe comeza na elección e traballo do barro, desenvolvemos esta experiencia con varias liñas de traballo; partindo do material en cru, a partir do reciclado de adobes (aproveitando a mestura e triturado de palla) ou mediante a utilización de mesturas predodificadas a través da colaboración con empresas do sector como é o caso de Ecoclay.

De 3 a 99 anos, o seu uso non é só infantil, e as súas aplicacións son xeneralizadas tamén en adultos.


Contido descargable
Plano de adobeira para pezas rectas.
Plano de adobeira para pezas curvas.

.