MATERIAIS



O equipo de Sistema Lupo realiza un constante labor xerador de material didáctico para os diferentes talleres e cursos propostos. Este material está sistematizado en dous elementos básicos: as Lupo ferramentas e as fichas de Lupo retos.

En Sistema lupo creamos nosos propias didácticas e ferramentas, algunhas das cales evoluciona en forma de produto de venda, porque cremos na didáctica implícita no proceso creativo do xoguete.



As Lupo ferramentas

Para o desenvolvemento das actividades apoiámonos no debuxo, as visitas ou a discusión en grupo pero sobre todo pasamos á acción a través das nosas propias ferramentas, algunhas son experimentais e de aplicación específica en talleres ou cursos particulares outras non obstante evolucionan en forma de produtos cuxa venda axuda a manter o proxecto Lupo dun xeito sostible e independente.

Neste apartado poderás ver algún dos exemplos dos nosos produtos. Se estás interesado nalgún non dubides en visitar a lupo tenda.

As fichas Lupo

As fichas ou retos son a parte final do taller complemento da teoría sobre cada tema, teñen un carácter aberto e flexible de modo que os obxectivos didácticos poden variar mesmo utilizando unha mesma ficha base para a clase ou o taller.

Por exemplo a pirámide pode ser parte da clase de historia de Exipto ou civilizacións Mesoamericanas, pode ser un taller de memoria visual ou un reto xeométrico. Evidentemente tamén pode ser entendido como unha actividade meramente lúdica sen carga didáctica.

Algunhas dos retos utilizados poden ser descargados na sección de descargas da web.




.