Nenoarquitectura

Seleccionado en Arquia próxima 2012
[ ver catálogo ]

Fundación Luis Seoane

Didáctica
Sistema Lupo

Monitores
Patricia Amil
David Antuña
Loli Diego
Mar Lista
José Rebollo
Miriam Ron
Víctor García
Leticia Zapata
Hilda González
Elsa Noriega
Patricia González

Fotografía
Sistema Lupo

[Link] a CIDADES SUMERXIDAS (taller dentro de Nenoarquitectura)

+info


 

¿Qué é nenoarquitectura?

É un programa didáctico anual, enfocado a niñ@s entre 4 e 12 anos, realizado na Fundación Luís Seoane da Coruña. Realízase de forma continua desde 2010 e foi e segue sendo unha inmellorable fonte de novas ideas que permitiron evolucionar o Sistema Lupo.

A súa orixe está no ano 2010, cando Sistema Lupo desenvolveu en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (delegación da Coruña) e a Fundacion Luís Seoane un curso que inicialmente era trimestral e que terminou por converterse en anual para o achegamento dos nenos á arquitectura (ou viceversa aínda non o temos moi claro). Grazas ao compromiso das familias mantén a súa enerxía ano tras ano.

Durante estes anos o taller (que se desenvolve cada sábado en sesións de dúas horas e media) foi evolucionando e na actualidade contamos con tres programas simultáneos diferenciados pola idade dos participantes e un cuarto dedicado a proxectos persoais de antigos asistentes. A pesar desta diferenciación, é habitual que os grupos traballen xuntos e mesmo coas familias, para facilitar a transferencia entre as diferentes idades.

Nace ligado á figura e pensamento do artista Luís Seoane, caracterizado por un discurso en favor da integración das artes. A didáctica faise por tanto, permeable a toda manifestación artística ou creativa e en ocasións aproveitamos as exposicións propias do museo ou a visita de artistas invitados para incluílos na programación.

 

Curso de iniciación para educación infantil de 4 a 5 anos.

A didáctica será desenvolta polo equipo de Sistema Lupo e empregarase material propio baseado nos bloques de construción e o traballo colaborativo. Tamén contará coa colaboración de artistas e especialistas invitados. O taller incluirá unha serie de contidos nos que a arquitectura, a arte ou o deseño terán un especial protagonismo.

_
Clases do trimestre actual

– Tropeza sen medo
– Estruturas da natureza
– De profesión arquitecta/o
– Construíndo cidades
– Arquitectura histórica: Roma
– Proxecto Eirón: 4 estacións
– Xogando cos 5 puntos: Le Corbusier
– Cores e proporcións
– Xornada en familia

inscrición

Dirixido a nenos de 6 a 10 anos, está organizado en grupos temáticos que evolucionan en dificultade ao longo do curso.

Traballamos co material Lupo nas súas diferentes escalas e materiais e xeramos un caderno de obra onde recollemos o traballo diario. O traballo en equipo é unha parte fundamental do taller a través do lupo reto con que pechamos cada sesión. Nestes talleres trátanse temas xerais como a escala, o material, as proporcións, a cor, a composición… non só aplicables á arquitectura, tamén á arte ou ao deseño.

Outra serie de talleres relaciona a arte e a arquitectura de diferentes épocas e procedencias tratando de interconectar as manifestacións artísticas cos seus condicionantes sociais, ambientais ou históricos.

Todo iso para tratar de xerar no neno un clima óptimo para o desenvolvemento das súas capacidades. Nunha contorna eminentemente lúdica e descontextualizado do centro escolar fomentamos un ensino transversal onde cada un achega os seus coñecementos e as súas experiencias para interpretar os temas propostos de modo crítico.

_
Clases do trimestre actual

– O módulo son eu
– Arquitectura e debuxo con Marco Moreira
– O idioma da arquitectura
– Dende a fotografía con Tono Mejuto
– A cidade e o espazo público
– Proxecto Eiron. 4 estacións
– Deseño gráfico con Antón Lezcano
– Estruturas. O arco
– Xornada en familia

inscrición

Dirixido a nenos de 11 a 14 anos, xorde como requirimento dos nenos que cumprido o seu paso por Nenoarquitectura queren manter a súa presenza nos talleres. É por tanto un “encargo” dos propios nenos que tras un curso enteiro xa dominan os temas e retos propostos e por tanto reclaman un maior grao de dificultade.

A didáctica deste obradoiro está baseada na experiencia do Laboratorio Escóitasme? desenvolvida desde a Fundación Luis Seoane durante o confinamento. Trátase de facer partícipes aos nenos da experiencia artística mediante sesións con artistas invitados que traballarán ao longo de todo o curso nun único proxecto vertebrador, neste caso o Proxecto Eiron: arte e espazo público.

_
Clases do trimestre actual

– Introdución ao laboratorio Seoane
– A mecánica do debuxo. Artista: Marco Moreira
– A mecánica do debuxo. Reto. Artista: Marco Moreira
– Festival Foco. Fotografía. Artista: Tono Mejuto
– Sobre vídeo e fotografía
– Fotografía. Reto. Artista: Tono Mejuto
– Deseño gráfico. Artista: Antón Lezcano
– Deseño e edición
– Xornada fin de curso. Artista: Antón Lezcano

inscrición

 

Dossier Talleres Lupo