MIES es + // LADY ALLEN

Sente
LADY ALLEN: A AVENTURA DA INFANCIA
25-26 Novembro de 2017

Continuando co ciclo Mies é + do Centro Galego de Arte Contemporánea unha das sesións de destinouse á arquitecta inglesa Marjory Allen, máis coñecida como Lady Allen of Hurtwood.

Esta arquitecta e paisaxista viviu as dúas guerras mundiais do S.XX o que influíu para que dedicase o seu traballo para mellorar a infancia dos nenos e poñendo especial atención en deseñar espazos inclusivos.

A sesión comezou facendo nosos propios deseños de parque de xogos ideal. Xusto despois probamos a realizar diferentes xogos prescindindo dalgunha destreza como a vista ou unha das mans, o que foi realmente complicado aínda cando a priori parecía moi sinxelo.

Continuamos facendo unha gran construción entre todos, esta vez sen poder levantarnos do chan. Posteriormente inventámonos os nosos propios xogos ao redor da mesma poñendo así en valor a apropiación do espazo a través da creatividade no xogo.

En último lugar retomamos os nosos deseños iniciais e fixemos unha reflexión acerca de que cousas son imprescindibles e cales con innecesarias para un parque de xogos atendendo ademais, ao máis puro estilo Lady Allen, á inclusión para todos os nenos.

_
Selección del material utilizado

O pase de diapositivas require JavaScript.