Centro Galego de Arte Contemporánea
CGAC
Dirixe
Fermín Blanco
Coordina
Virginia Villar
Imparten
David Antuña
Victor González
Rebeca Mariño
Santiago Chenlo
Natalia Santamaría
En colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC-, propoñemos unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionar aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste campo.
Os arquitectos David Antuña e Víctor González e a artista Rebeca Mariño introducen aos participantes no apaixonante mundo da arquitectura contemporánea. Cada taller está dedicado a un autor representativo das diferentes xeracións de arquitectos desde as vangardas ata a actualidade e desenvólvese atendendo á filosofía de cada creador.
O xogo é fundamental durante todas as sesións. Utilízase a didáctica de Sistema Lupo tanto no referido ao material como aos contidos. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais ademais do traballo en equipo a través de dinámicas de construción a gran escala.
A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se fai un achegamento á figura e ao pensamento de cada arquitecto, e posteriormente exponse unha serie de retos construtivos.
Os obradoiros, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos. Como cada edición os temas serán tratados transversalmente empregando a arquitectura como fio condutor. Neste caso valémonos da figura do autor para introducirnos en mundos creativos a través do seu pensamento.
O Sistema Lupo aposta por unha didáctica activa, experimental, mistura de teoría e práctica onde o xogo é o verdadeiro aglutinante dunha dinámica creativa de carácter cooperativo. En paralelo ás propias didácticas Lupo ten un compromiso co desenvolvemento de ferramentas de xogo cooperativo onde o xogo de construcción é o eixo da investigación.
Diébédo Francis Kéré. Conexión humana. 26-27 Setembro
Denise Scott Brown. Aprendendo das Vegas. Unha viaxe á arquitectura do lecer. 24-25 Outubro
Walter Gropius. Creando escola. 28-29 Novembro
Margaret Mac Donald. A obra de arte total. 30-31 Xaneiro
Christo y Janne Claude. Land Art. 27-28 Febreiro
Yona Friedman. A arquitectura móbil. 20-21 Marzo
Pale Nielsen. Infancia e activismo. 23-24 Abril
Stanley King and Susan Chung. Codeseño. 29-30 Maio
.