MIES e + // TOYO ITO

Manifesta
TOYO ITO. APRENDENDO DA NATUREZA
23 Febreiro – 24 Febreiro 2019

A sesión dedicada a Toyo Ito dentro do ciclo Mies é Máis serviu para achegarnos un pouco á arquitectura asiática e ao valor da natureza como fonte de inspiración. A través de obras como a mediateca de Sendai ou o fogar para todo en Soma entendemos a forma que ten este arquitecto de integrar a natureza e o mundo tecnolóxico nun espazo urbano.

Para a parte práctica en primeiro lugar fixemos novos deseños en planta para a mediateca de Sendai, iso si, respectando os ocos verticais de comunicacións e instalacións. A continuación trasladámonos a unha zona con dobre altura e recreamos unha das plantas do mesmo edificio a unha escala nada despreciable de 1/20.

_
Selección do material utilizado