MIES e + // NORMAN FOSTER

Manifesta
NORMAN FOSTER. ANTICIPAR O FUTURO
26 Xaneiro – 27 Xaneiro 2019

A sesión dedicada a Norman Foster dentro do ciclo Mies é Máis no Centro Galego de Arte Contemporánea foi en grao sumo emocionante. #Ante a gran produtividade deste arquitecto inglés tivemos que facer unha selección das súas obras máis emblemáticas e decidimos centrarnos sobre todo nos edificios en altura como o banco de Hong Kong, a torre Commerzbank, a torre Hearst ou a recente torre Cepsa de Madrid.

Xa na parte práctica do taller puxemos a proba a nosa destreza no High Tech e realizamos nin máis nin menos que tres rañaceos. A torre Cepsa, a torre Commerzbank e un último a pedimento dos propios participantes no que batemos o récord de altura dunha construción de Lupo con 4 caixas: 4 m de alto!

_
Selección do material utilizado