Lupo Transformadores de espazos

A rama de Lupo Transformadores de espazos nace debido á gran demanda deste tipo de servizos desde diferentes colectivos, desde centros de formación, pasando por profesores e mesmo pais, nais e alumnos. Desde a nosa profesión como arquitectos e educadores, convidamos a diferentes colectivos a que analicen a situación dos seus centros e expoñan medidas e solucións para evitar os seus problemas cotiáns. A nosa función baséase en dar as pautas para que se realicen as análises correctamente, que vexan que espazos e metodoloxías pódenlles funcionar e axudarlles coas nosas ferramentas para crear ambientes que melloren o estado actual dos seus respectivos centros. Este traballo realizámolo coa axuda e colaboración de diferentes centros e organismos de formación, mediante os cales os interesados teñen a oportunidade de acceder a cursos nos que aprenden prácticas e dinámicas de análises e avaliación.