Fundación Luis Seoane
Dirixe
Fermín Blanco [Mr. Lupo]
Organiza
Sistema Lupo
Equipo
Sistema Lupo
Fotografía e video
Sistema Lupo

Trátase dunha actividade desenvolvida para fomentar aspectos tan importantes no mundo educativo como son a imaxinación e a creatividade, a habilidade á hora de traballar a destreza manual, así como as figuras xeométricas a través das estruturas da natureza.
A actividade desenvolvida normalmente en fases, dá comezo cunha introdución teórica na que se convida a coñecer o tema, unha fase de conversación entre todos, onde as dúbidas, suxerencias e ocorrencias son unhas excelentes convidadas. Ao finalizar esta fase de coñecemento expoñerase o reto acorde co aprendido.
A segunda parte comprende unha fase construción, pequenas maquetas coas nosas ideas. Trátase de dar forma ás ideas mediante materiais simples e fáciles de atopar na casa. Esta fase pódese alongar todo canto queiramos debido a que non hai nunca unha única solución.
A última fase comprendería o traballo a gran escala, tentar levar esa maqueta a unha construción ao grande. Nesta fase sería ideal que a familia enteira estivese involucrada e mediante o traballo en equipo levar a cabo a Gran Construción.
.