Organiza
Sistema Lupo
Dirixe
Fermín Blanco
Didáctica
Sistema Lupo
Material
Sistema Lupo
Equipo
Fermín G. Blanco (arquitecto e educador)
María Bescansa Bastarreche (arquitecta)
Víctor G. Echave (arquitecto)
Alba Pérez Fernández (arquitecta)
Leticia Zapata Medina (arquitecta e educadora)
Ignacio Bescansa Bastarreche (arquitecto)
Recursos
[video nenoarquitectura]
[video lupo e a música]
[video o cono]
[video ludantia]
Os talleres teñen un marcado carácter interdisciplinar, sendo adecuados para INFANTIL e PRIMARIA para traballar de maneira transversal en tódalas áreas, especialmente nas de Matemáticas, Ciencias da Natureza e Educación Artística, xa que desenvolve diversos contidos recollidos no currículo (procesos de resolución de problemas, estruturas de aprendizaxe cooperativa, traballo baseado na experiencia, traballo por proxectos; interpretación e análise crítica; promoción da curiosidade para a investigación, aproximación ao método científico, interpretación, comprensión, explicación e expresión da realidade…)
Do mesmo xeito, para o segundo ciclo de PRIMARIA, SECUNDARIA e BACHARELATO, recoméndase a combinación coa proposta de PALITROQUES para as materias de Matemáticas, Tecnoloxía, Debuxo Técnico, Educación Plástica, Fundamentos da arte e Deseño, debido aos contidos curriculares que traballa (construción de estruturas con volume; elaboración de obxectos tridimensionales con distintos materiais; construción de estruturas e transformación de espazos usando nocións métricas e de perspectiva; uso de vocabulario xeométrico; interpretación de representacións espaciais; respecto polas normas e pola repartición de tarefas establecidas no grupo; establecemento de ordes e pautas a seguir; aplicación da xeometría ao deseño arquitectónico; representación de poliedros regulares; triángulos rectángulos. Teorema de Pitágoras. Xustificación xeométrica e aplicacións; representación de prismas e pirámides; estruturas: elementos, tipos e funcións; composición nas creacións tridimensionales; traballo en equipo para a produción de obras tridimensionales…)
Ademais, para calquera das etapas educativas, o taller contribúe na adquisición dalgunhas das competencias clave, fundamentalmente a competencia en matemática, ciencia e tecnoloxía, pero tamén a competencia para aprender a aprender e a competencia social e cívica. Do mesmo xeito, ao ser un recurso educativo conforme aos criterios da bioconstrución, a actividade contempla contidos relacionados co desenvolvemento sustentable e o medio ambiente.
A actividade precisa dun espazo amplo para a súa realización (patio, ximnasio, pavillón, soportal, vestíbulo…) e ten unha duración de entre 90 e 120 minutos, dentro dos cales se inclúe unha pequena introdución máis teórica sobre aspectos xenéricos de arquitectura. O número de alumnado participante pode oscilar entre 10 e 30 persoas. Toda a actividade será levada a cabo polo equipo de Sistema Lupo, con ampla experiencia na realización de talleres con nenos e adultos.