Lupo Box

Lupo Box é o último elemento en chegar ao mundo de Lupo. Estas caixas pensadas para conseguir a facilidade no transporte do material foron deseñadas de forma que poidan ser manexadas polos máis pequenos, ademais do seu mellor almacenamento. Fabricadas mediante un proceso totalmente ecolóxico e con materiais ecolóxicos (cartón) en empresas de km 0 e mediante procesos artesanais.

O pack completo está formado por dúas caixas (unha branca e unha marrón), as cales albergan as 65 pezas que conforman o set e as súas correspondentes conexións. A caixa marrón conterá as pezas rectas, mentres que a branca terá as curvas. Un bandexa servirá de elemento de separación entre estas e as conexións, ademais de ser un elemento que facilita a recollida dos elementos unha vez acha finalizado o xogo.