Kreaturama

Fundación Barrié (A Coruña & Vigo)
Verán 2015

Monitores
David Fernández Antuña
Paula Morales
Estefanía Grandal

Memoria & Fotografías

KREATURAMA propón, a partir de ferramentas manuais, dispositivos electrónicos (smartphones, tablets) e redes sociais, crear desde o cotián e desenvolver así as habilidades e aptitudes de nenos e mozos de entre 6 e 16 anos. A través dunha batería de Campamentos de Verán ao redor da arquitectura, a fotografía, o deseño, a música e a arte, fusiónanse creatividade, sustentabilidade e tecnoloxía e proxéctase a cultura desde o participativo e o lúdico.

CREAR + CRIATURA + CREATIVIDADE= KREATURAMA

KREATURAMA demostra que se pode converter o que xa existe en algo novo. Creando desde o cotián, desde os nosos Smartphones e as nosas tablets, KREATURAMA busca captar diferentes puntos da realidade, construíndo desde a liberdade que dá o colectivo a partir dunha serie de actividades que se relacionan entre si en base a distintas áreas da creatividade.

Se queres ser arquitecto, deseñador, fotógrafo, artista dixital ou un orixinal Dj ou Vj, KREATURAMA dáche as claves para unir a creatividade e a tecnoloxía.


Sistema lupo aposta nestes talleres de KREATURAMA  por un compoñente tecnolóxico da man da ferramenta LUPO VIRTUAL unha aplicación para a creación de retos que posteriormente realizaremos en formato físico.

En todo momento trátase de potenciar o xogo como precursor do coñecemento. A didáctica compleméntase co xoguete físico nas súas distintas versións para xerar unha ferramenta que en conxunto cambia de escala e de material ata facerse invisible no xogo.

A utilización de software propio e tecnoloxía aberta, lévanos ata o mundo do videoxogo e a realidade aumentada. O obxectivo recae no proceso, na cooperación, na organización nos diferentes roles do participante. Rexenerando construcións e activando unha reciclaxe conceptual.

Organízanse dentro do ciclo 3 talleres diferentes:

Taller 1: A arquitectura é para o verán.
Un programa para nenos de 6 a 9 anos que consiste nun achegamento ao mundo da arquitectura como fío condutor para aprender sobre historia, xeometría, ciencias ou urbanismo. As sesións comezan cunha presentación teórica a partir da que se traballa desde varias metodoloxías para finalizar cun gran reto de construción.
Outro programa para nenos de 10 a 12 anos onde os participantes se iniciarán nas técnicas básicas do deseño. O  debuxo, a xeometría ou as novas tecnoloxías sentarán a base para ter unha visión global tanto das ferramentas tradicionais como das dixitais. Para iso traballarase o deseño en 3D e a capacidade de visión espacial, todo iso sen perder de vista a arquitectura como fío condutor desde o que explorar outros campos como a escultura ou a enxeñería.


Taller 2: DEKODE.
Este taller está baseado nas tecnoloxías da información e a comunicación como elemento de partida. A transmisión de información necesita un código que sexa coñecido por todas as partes implicadas, e estes códigos están presentes en calquera sociedade manifestándose en forma de cores, sons, xestos, formas ou mesmo impulsos eléctricos. Tanto a arquitectura como a tecnoloxía foron moldeando os seus propios ao longo da historia, o que nos dará pé a facer unha viaxe a través dos distintos códigos que o ser humano inventou. O código braille, a codificación matemática ou a realidade aumentada forman parte deste taller que nos achegará ás tecnoloxías do S.XXI co Sistema Lupo.


Taller 3: ARQUISOUND.
A didáctica céntrase no estudo da proporción e a harmonía comparando ritmos musicais e alturas dos sons co ritmo xerado polo espazo baleiro arquitectónico.
A comparación entre as dúas artes aplícase mediante o uso do software ideado por Ianne Xenakis en 1966 Upic (Unidade Poliagógica de Información do CEMAMU). Este software le e converte en son os espazos baleiros das arquitecturas creadas polos nenos co sistema Lupo. Desta maneira, os nenos recoñecen que a música e a arquitectura xorden como organizacións de intervalos sonoros ou de elementos métricos no tempo e o espazo. Como sinala Le Corbusier, a música é tempo e espazo, como a arquitectura. A música e a arquitectura dependen da medida


Resumo fotográfico dun dos talleres coa realización do Pórtico da Gloria e a introdución tecnolóxica con códigos de realidade aumentada.


.


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286