XEOMETRÍA

Xeometría

Organiza
Sistema Lupo

Fotos
Equipo Sistema Lupo



 

Descrición
Neste caso penetrámonos no mundo da xeometría, concretamente na obra de Fuller, o cal, foi un deseñador, arquitecto, visionario e considerado o inventor da cúpula geodésica.

Como é habitual traballamos presentando a vida, obra e invencións deste pioneiro de forma teórica, para posteriormente introducir o reto para realizar.

Neste caso realizamos maquetas baseadas nas cúpulas geodésicas, mediante o uso de barras e unións poderemos crear volumes do tamaño que queiramos. O reto comeza con estruturas simples para aos poucos ir complicando e ampliando estes volumes. Nesta ocasión os materiais debían ser cousas que puidésemos conseguir en casa, todo vale, desde escarvadentes e cortizas de botellas, paus de espetada e gominolas e mesmo pajitas e pinzas, serven todos!.

Esta actividade manexa moitos conceptos desde a arquitectura e enxeñería, pasando pola historia e a arte. Permitirá coñecer os fundamentos da xeometría e penetrarnos no mundo das estruturas.