ESKOOLA

ESKOOLA é unha proposta educativa de Sistema Lupo realizada en colaboración con diferentes equipos e institucións navarras, para crear unha serie de proxectos educativos baseados na arquitectura como eixo central, estes proxectos englóbanse basicamente en dúas vertentes, por unha banda a colaboración e transformación de centros escolares e por outra o xogo coa arquitectura a través dunha serie de talleres educativos baseados na comunidade navarra.

Como proxecto transformador ten por obxectivo apoiar o ensino e as escolas a través da arquitectura e outras disciplinas. A transformación baséase na reflexión do grupo de traballo coa participación directa da comunidade escolar na que leva a cabo o proxecto. Ademais, Eskoola é un proceso que tenta utilizar os recursos da área e ten como filosofía a economía circular.

Na actualidade o proxecto está a desenvolverse en colaboración coa rede de escolas Sakanako Herri Eskolak, a axencia de desenvolvemento do Sakana, Dinabide; así como concellos, alumnados, claustros e AMPA’s dos diferentes centros.

ESKOOLA contará con presenza nos diferentes puntos da provincia a través de museos, centros culturais e centros educativos, tratando de nutrirse dos contidos específicos de cada centro e xerando dinámicas de transferencia de coñecemento desde os equipos de investigación á sociedade. O xogo e o traballo en equipo son a base metodolóxica do proxecto. Baseados nos xogos de bloques a teoría e a práctica danse a man nunhas sesións que son ao tempo didácticas e lúdicas. O obxectivo é profundar no coñecemento da contorna inmediata a través do estudo da nosa historia e o noso patrimonio construído.

 

É un proxecto educativo integral e inclusivo, no que toda a comunidade que pertence e rodea ao centro educativo, traballa no estudo dos espazos que usamos a diario para detectar as súas necesidades e, entre todos, propoñer e levar a cabo as transformacións necesarias.

A participación e colaboración serán fundamentais para que tanto o traballo na aula co obxecto mediador como a elaboración conxunta dunha análise e proxecto, dean como froito a adaptación dos espazos da escola e mesmo a transformación de espazos públicos da súa contorna.

Conquistemos o noso espazo!

A través do xogo de construción con bloques e coa colaboración de distintos museos, centros culturais e asesores expertos, imos coñecer as arquitecturas e enxeñerías de Navarra, desde as máis remotas ata as máis próximas.

Tanto por demanda de colexios, como nas ofertas dos museos para centros e público xeral, en sesións ou en pequenos ciclos, contaremos, veremos e construiremos grandes obras tanto da arquitectura como da natureza, para descubrir todos os seus segredos e os daqueles que as crearon.


 

 




Coordinador
Fermín G. Blanco

Equipo asesor
Ainara Martín Busto
Lierni Galarraga Lekuona
Josune Irastorza
Saioa Alegría
Berta de Pablo Górriz
Aintzane Iriberri

Institucións
Arbizuko Herri Eskola
Sakanako Herri Eskolak
Agencia Dinabide

Equipo Sistema Lupo
Alba Pérez Fernández
Elsa Noriega Fernández
Ignacio Bescansa Bastarreche
Leticia Zapata Medina
Luis Miguel Fernández López
María Bescansa Bastarreche
Patricia González Pérez
Víctor González Echave

Deseño Gráfico
Alba Pérez Fernández

Fotografía
Sistema Lupo
Roi Alonso
Fotos facilitadas por colexios