EFECTO INVERNADOIRO

Efecto Invernadoiro

Organiza
Sistema Lupo

Fotos
Equipo Sistema Lupo

 

Descrición
Esta sesión dedicámola para o efecto invernadoiro, un fenómeno físico que está constantemente presente nas nosas vidas.

Este fenómeno non só aféctanos en relación a un dos temas máis actuais que é o cambio climático, se non que o fai en máis aspectos, por iso, falaremos sobre a orientación das vivendas e os seus beneficios na nosa vida diaria e na arquitectura que nos rodea, a inercia dos materiais e os seus diferentes usos respecto a iso, que elementos se inventaron a partir da observación do funcionamento do efecto invernadoiro…

E unha vez que entendamos o funcionamento deste fenómeno, penetrarémonos no reto proposto. Nesta ocasión se platean 4 experimentos, de menos a maior complexidade, nos que observaremos o comportamento dos diferentes materiais en función da súa composición, a súa situación e mesmo a súa cor… E como reto final convidarémosvos a experimentar creando voso propio invernadoiro, un reto que vos acompañará durante un longo tempo, xa que despois de construír a estrutura do mesmo, teremos que plantar nosa propia colleita e con paciencia e esmero veremos a súa evolución e crecemento.