Eco Lupo 3






EcoLupo 3 é o novo material de Sistema Lupo que incorporamos á familia Lupo.



¿Por qué 3?


1.

Despois do EcoLupo 2009 e do EcoLupo 2014, esta é a terceira edición do noso xogo realizado en madeira.

2.

As pezas de EcoLupo 3 están baseadas nun módulo de 3 cm. de lado.

3.

Por primeira vez incorpóranse cartas de xogo que complementan ao xogo libre. En EcoLupo 3 poderás combinar 3 elementos en cada exercicio, as pezas de madeira, un carta de reto e unha carta de dificultade.

Do mesmo xeito que nos casos anteriores de EcoLupo, trátase dun material artesán, sustentable e con alto control de calidade.




_
EcoLupo3 é un produto artesán tanto na forma de utilizar a materia prima como na execución propiamente dita.

Lupo apóiase na industria nacional e na artesanía local. Desde Sistema Lupo cremos na forza do emprendemento.

A produción de EcoLupo 3 está realizada en La Carrera (Asturias) por Nacio Quirós.

_
Cada unha das pezas de EcoLupo 3 está sometida a unha inspección, tanto táctil como ocular, que garante que as calidades das madeiras nobres non se vexan alteradas.

_
EcoLupo 3 é un produto sustentable producido con madeiras de tallas certificadas.

A súa incidencia sobre o consumo de madeira é mínima debido a que gran parte provén de elementos reciclados ou despuntes doutras fabricacións.

Á súa vez, o papel utilizado para as cartas e instrucións ten o certificado FSC.

¿Como se xoga ao novo EcoLupo 3 ao incorporar as cartas?



MODO RETO

1. Selecciona un reto coas cartas co lado verde boca arriba. Pode ser un reto en 2D ou en 3D.

2. Selecciona unha dificultade entre as cartas negras:

– Básico. Constrúe o reto sen dificultades engadidas.
– Destreza. Constrúe o reto cos ollos pechados ou coa túa man non dominante.
– Tempo. Constrúe o reto nun límite de tempo, ou ben, observa a carta durante un tempo e construyela de memoria.
– Simetría. Constrúe o reto coma se mirásela nun espello.

3. Se tes dificultades co reto, dálle a volta á carta e terás unha axuda.

MODO CREATIVO

1. Deixa voar a túa imaxinación para realizar novas formas e construcións

2. Constrúeas en Lupo Dixital e compárteas no facebook de Sistema Lupo.