Brincando cos Mestres

Coordinador
Fermín González Blanco

FAUP
Marco Ginoulhiac

Equipo didáctico
David Fernández Antuña
María Bescansa
Borja Díaz
Luis Miguel Fernández
Berta Pérez
José Rebollo
Carolina Queipo

Colaboradores de Arkiplay
Maria Teresa Penas
Márcia Santos
Sílvia Pereira
Catarina Casanova
Catarina Frois

Fotografía
Alex del Río (ADR)
Inés Salvado Gontad (ISG)
Estudio Fermin Blanco (EFB)

Deseño gráfico
Borja Díaz Carro






Descripción
Con motivo do IV Encontro PLAYGROUNDS – Ludic Architecture na Facultade de Arquitectura do Porto en maio de 2017, Sistema Lupo, co patrocinio de Proxecto Terra e a colaboración de ArkiPlay, proponse unha didáctica para dar a coñecer aos máis pequenos, mediante o xogo e a construción con bloques, a arquitectura dalgúns autores que representan a chamada Escola do Porto.

Este ensino é desenvolvida polo equipo de Lupo System, e é unha actividade de acción e xogo a través do uso de grandes bloques de construción.

Unha mestura de contidos didácticos e lúdicos permite aos participantes achegarse ao mundo das estruturas desde un punto de vista empírico e experimental.



A “Escola do Porto” é unha referencia internacional para a arquitectura, consolidada a través do traballo de varias xeracións de arquitectos e estreitamente ligada ao territorio no que nace, é hoxe mundialmente coñecida e respectada.

Ao longo do xogo reflexionaremos sobre a súa importancia e achegaremos os seus valores aos nenos mentres gozan e aprópianse dos seus espazos.

Enfrontando retos de construción con bloques coñeceremos as principais características da arquitectura do Porto, as súas figuras máis importantes e algunhas das súas obras máis destacadas.

Fernando Távora, Álvaro Siza Vieira e Eduardo Souto de Moura son os que máis representaron esta forma de arquitectura. A través de tres xeracións consecutivas e a partir das súas obras podemos empezar a coñecer esta “Escola do Porto”.




Imaxes