DIDÁCTICA

LEARNING BY DOING

Lupo é un sistema educativo que utiliza a arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidade que nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos e disciplinas como o urbanismo, o debuxo, a arte, a xeometría, a historia, as matemáticas ou o pensamento científico.

A aplicación práctica do sistema tradúcese en talleres activos onde unha parte teórica dá paso ao lupo reto; complemento práctico onde os participantes traballan en grupos para resolver o desafío proposto.

Cremos no ideal pestalozziano do traballo na lousa, borrar para seguir avanzando sen dar máis importancia que a debida ao xa realizado por este motivo o final dun taller é sempre o mesmo, a caixa recollida esperando un novo taller. Esta imaxe final fálanos da nosa confianza no proceso, rompendo a preconcibida idea de “a obra de arte” como obxectivo.

O traballo colaborador nega a propiedade individual da obra realizada, o reto alcánzase entre todos e todos participamos do seu éxito (ou fracaso, en caso de colapso estrutural).

O traballo individual recóllese nos cadernos de obra onde tamén conflúe a información e o proxecto a partir de bosquexos, textos ou imaxes. Os talleres utilizan múltiples estratexias e ferramentas dende as tradicionais que implican as destrezas manuais ás aplicacións dixitais con software adaptado ao sistema lupo.

Algúns talleres realízanse sobre temas específicos que responden a encargos recibidos, outros máis xenéricos que nos serven de fío condutor ou cobren ocos que consideramos importantes. Esta experiencia fai crecer indefinidamente o noso dossier xeral e permítenos testar o seu funcionamento a través da súa posta en práctica.

Nos exemplos veredes talleres infantís, talleres familiares, de adultos, educación especial, de integración, talleres en colexios, universidades, museos, centros culturais… Todos eles realizados en colaboración con especialistas de diferentes ramas grazas aos cales o proxecto lupo segue crecendo e esperamos seguir facéndoo coa vosa axuda.

Podes ver máis información dos talleres [aquí].



1
4
2
3




Metodología de un taller Lupo



Utilizaremos o taller “Lupo Vespa” como exemplo do proceso metodolóxico utilizado en Sistema Lupo. Non todas as actividades son iguais e por tanto non en todos os talleres as distintas fases visualízanse da mesma forma. Dunha forma ou outra, Sistema Lupo organízase ao redor das seguintes fases:

– TEORÍA
– ACTIVIDADE DIRIXIDA
– DISCUSIÓN
– RESULTADO CREATIVO

O taller LUPO VESPA.
Nesta intervención decidiuse como tema de traballo unha peza icónica de deseño internacional: ?a vespa?.
É un produto creado entre dous creadores como refundido de ideas a priori independentes, o mundo do transporte ferroviario e os primeiros prototipos de helicóptero para obter un ciclomotor revolucionario en forma e función que terminaría por ser símbolo de liberdade, mocidade e modernidade.

TEORÍA

Acompañamento teórico da actividade. Visión icónica que se trata en clave social, feminista e tamén técnica.


ACTIVIDADE DIRIXIDA

Taller colaborativo no que, a partir do coñecemento teórico previo, exponse a creación de prototipos para a mobilidade urbana.

DISCUSIÓN E RESULTADO CREATIVO

O exemplo obtido a través do taller é FLASH-GAIVOTA, vehículo anfibio (terra, mar e aire).

.