Dozuki, a serra xaponesa

Este é o noso novo “xoguete”, o Dozuki ou serra xaponesa que nos servirá en próximas datas para o corte das espigas-conectores.
Para entender a precisión da ferramenta debemos entender os seus fundamentos, xa Bruno Munari no seu libro “¿ Cómo nacen os obxectos ? ” (1981) falabanos da estreita relación entre a forma do obxecto e o seu uso ou función e precisamente apoiábase entre outros no Dozuki xaponés para expoñer a súa tese.
O Dozuki é unha serra de corte de madeira, que ao igual que todas as ferramentas tradicionais de corte xaponesas diferenciase das occidentais no sentido de corte. Se ben as serras occidentais cortan no avance as xaponesas fano á inversa e cortan no retroceso ( cara o corpo do operario). Se ben isto tamén require un cambio na pose tradicional do carpinteiro xa que no é necesario incorporar o corpo cara a peza de corte senón ó contrario variar a posición e aproveitar a gravidade mantendo a empuñadura na parte inferior orientando a folla cara arriba..
Ao resultar a postura menos perigosa (sobre todo en caso de rotura), a folla pode ser realmente fina conseguindo cortes de gran precisión.
Como consecuencia de todo isto o fío penetra con extrema agresividade na madeira sen xerar repelo. Os Dozukis adaptan a súa precisión en función do espesor da folla e son os protagonistas da gran riqueza de unións da carpintería tradicional xaponesa podendo utilizarse para o corte de coníferas ou frondosas.
Na imaxe pode verse a calidade do acabado e a aparencia do noso Dozuki, un obxecto belo en sí mesmo porque é froito dunha filosofía coherente co seu uso.