¡Novo curso de Mies é +!

Arranca unha nova edición de MIES é + no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea).

Novos autores, novos temas, ¡esperámosvos!

Mies é + é unha serie de talleres infantís sobre arquitectura contemporánea. O obxectivo é proporcionar aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.

Os talleres de arquitectura terán lugar o último fin de semana de cada mes e, ao longo desta edición tratarase o comunitarismo de Wright, o entusiasmo pola infancia de Van Allen, a visión urbana
e social de Niemeyer, a experimentación de Buscher na Bauhaus, a continuidade interxeracional da escola do Porto, o espírito libre de Gray, as obsesións xeométricas de Tynn, ou a inspiración
orgánica de Aalto e Marsio.

Iniciaremos un paseo polo pensamento de homes e mulleres que representan a nosa tradición moderna e contribuíron a sentar as bases da arquitectura actual.

Si quieres darte un paseo por todos los autores vistos en años anteriores, puedes acceder [aquí] a la página del proyecto.





Inscrición

Todos os talleres son gratuítos. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderanse inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.

MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE!

(M) Frank Lloyd Wright. Taliesin. A comunidade autosuficiente
Sábado 28 de outubro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29 de outubro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 9 ao 27 de outubro

(S) Lady Allen. A aventura da infancia
Sábado 25 de novembro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 26 de novembro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 6 ao 24 de novembro

(I) Niemeyer. Brasilia. A utopía feita cidade
Sábado 27 de xaneiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 28 de xaneiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 8 ao 26 de xaneiro

(E) Alma Buscher. Experimentación formal. BAUHAUS
Sábado 24 de febreiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 25 de febreiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 5 ao 23 de febreiro

(I) Escola do Porto_Tavora-Souto-Siza. Brincando cos mestres
Sábado 24 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 25 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 5 ao 23 de marzo

(S) Aileen Gray. Espírito libre
Sábado 28 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 9 ao 27 de abril

(E) Anne Tyng. Habitar a xeometría
Sábado 26 de maio. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 27 de maio. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 7 ao 25 de maio

(M) Alvar Aalto + Aino Marsio. Proxectar coa natureza
Sábado 30 de xuño. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 1 de xullo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 4 ao 29 de xuño

_
DIRIXE: Fermín Blanco
IMPARTEN: David Antuña e Víctor González, arquitectos Santiago Chenlo e Natalia Santamaría, educadores
COORDINA: Virginia Villar

MIES e + // FREI OTTO

Experimenta
FREI OTTO: APRENDENDO DA NATURALEZA
30 Abril – 1 Maio de 2016

Taller realizado no Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC- dentro do ciclo MIES é + dedicado a autores representativos da arquitectura contemporánea.

Neste taller coñecemos a relación que Frei Otto tivo coas formas da natureza e como se baseou na observación desta para profundar no deseño de estruturas.

MIES e + // JORN UTZON

Imaxina
JORN UTZON: A IDEA CONSTRUIDA
2-3 Abril de 2016

Taller realizado no Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC- dentro do ciclo MIES é + dedicado a autores representativos da arquitectura contemporánea.

Neste caso este taller está centrado no arquitecto danés Jorn Utzon onde penetrámonos no universo imaxinado por el. Os participantes coñeceron algúns dos seus edificios e mobiliario máis recoñecidos.

Axudados polo SuperLupo achegámonos tamén de forma práctica á súa obra realizando construcións inspiradas pola famosa Ópera de Sydney e os mobles UTSEP.

MIES e + // LE CORBUSIER

Manifesta
LE CORBUSIER: A ARQUITECTURA EN 5 PUNTOS
27-28 Febreiro de 2016

Taller realizado no Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC- dentro do ciclo MIES é + dedicado a autores representativos da arquitectura contemporánea.

Neste caso este taller está centrado no arquitecto suízo Le Corbusier, un dos grandes da historia da arquitectura e cuxa obra se segue reflectindo nos proxectos actuais.

Os participantes puideron coñecer os famosos 5 puntos para unha nova arquitectura e outros moitos escritos e ideas que Le Corbusier expuxo no seu momento.

Tras esta parta máis teórica, durante este taller utilizamos o SuperLupo para achegarnos á arquitectura de Le Corbusier dunha forma práctica. Para iso, construímos algunhas das súas vilas, a Unidade de Habitación ou mesmo novos deseños propios baseados nas súas teorías.

MIES e + // SANAA

Sinte
KAZUYO SEJIMA – SANAA: DA TRADICIÓN A VANGARDA
28-29 Maio de 2016

Taller realizado no Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC- dentro do ciclo MIES é + dedicado a autores representativos da arquitectura contemporánea.

Este foi o cuarto e último taller da primeira edición de MIES e + e nel introducímonos no emocionante mundo dos sentidos que é a arquitectura de Kazuyo Sejima e o estudo SANAA que forma xunto a Ryue Nikishawa.

Aproveitando que coñecemos a unha arquitecta que provén dunha cultura diferente, facemos un percorrido pola arquitectura tradicional xaponesa que nos axudará a entender algunhas claves dos seus deseños.