Illa de San Simón, Redondela.
28 y 29.7.2018
Organización
Sinsal Audio
Dirección
Fermín G Blanco/ Mr Lupo
Coordinación
Carolina Queipo
Víctor González
María Bescansa
Jaime García Vega
Embaixador na illa
Diego Piñeiro Carrera
Relacións internacionais
Belen Vallina González
Didáctica
Sistema Lupo
Colaboradores
Marexada S.L
Entre os asistentes, unha chea de intrépidas familias, ou o que é o mesmo, moita xente (de todas as idades) con ganas de xogar ao grande. E para iso estabamos alí. Sistema Lupo coas compañeiras de Arte e Garabato man a man colonizando o espazo, ¡terra mar e aire! Ao longo do sábado e do domingo, con pequenos e maiores, deseñamos, montamos, desmontamos, axustamos e construímos sen parar todo o que se nos ocorreu que podería facer falta e non había: pequenos refuxios-cabanas para os irmáns e irmás pequenos, torres, fortes e cúpulas geodésicas baixo as que poderiamos ata acampar. O proxecto estrela foi o escenario específico para o público familiar, unha macroestructura de Palitroques colgada en pleno bosquecillo de froiteiros, baixo a que Esteban & Manuel actuaron para nós mentres o sol empezaba a baixar. Vaia gozada, o mellor premio para unha tarde de traballo.
Quedábasenos pequena a illa, e quixemos conquistar o mar, así que montamos unhas estruturas nunhas piraguas e un tras outro fomos saíndo a navegar, ninguén se achega á nosa illa conquistada sen verllas coas nosas arquitecturas flotantes! Mentres isto pasaba no sur de San Simón, ao norte, na illa de San Antonio, outro grupo de robinsones querían coñecer técnicas de construción sustentable, aínda que fóra á conta de mancharse e empaparse (xogar con auga e barro no verán, que fatal…). Aprendemos a técnica do “ pallabarro” que, con materiais naturais e inmediatos, permite levantar pequenas construcións feitas por nós mesmos. Aí estivemos, mesturando, escurrindo, encofrando e desmoldando peza a peza, para deixalas secar ao sol antes de poñelas en uso. ¿O resultado? Unha nova técnica aprendida, unha chea de pezas Lupo novas, caras riseiras e sucias e cero impacto ambiental.
Todo o que rodea ao SinSal é misterioso e marabilloso, por iso non é posible prometer nada, pero quizais o ano que vén vexámonos de novo nas illas dispostos a xogar moito, aprender máis e pasalo aínda mellor, se é que é posible. ¡Oxalá si!
.