SinSal Festival

2018

Organiza
Sinsal Audio

Coordina
Sinsal Audio

Embaixador na illa    
Diego Piñeiro Carrera

Participa
Sistema Lupo
Fermín G Blanco/ Mr Lupo
Carolina Queipo
Víctor González
María Bescansa
Jaime García Vega
Alba Pérez
Belen Vallina González
Marexada S.L
Arte y Garabato

Localización
Illa de San Simón, Redondela.
28 y 29.7.2018

Museo do Mar de Galicia, Vigo
06 y 07.10.2018

+info

 

Descripción

Unha illa musical, iso é no que se converte San Simón unha fin de semana ao ano. E aí estivemos, no fondo da ría de Vigo, en pleno verán galego (o suave), rodeados de árbores centenarias e con provisións de comida e bebida “ dabondo”. Ninguén sabía quen tocaría eses días, pero o que si estaba claro era que ía haber ambientazo, que o pasariamos en grande e que quereriamos repetir. E é que o sitio non é moi grande pero aínda cheo de espectadores faise amplo e relaxado, cóidase o lugar e o medio ambiente, tense en conta a todos os participantes e, encima, chégase en barco. What else?

Entre os asistentes, unha chea de intrépidas familias, ou o que é o mesmo, moita xente (de todas as idades) con ganas de xogar ao grande. E para iso estabamos alí. Sistema Lupo coas compañeiras de Arte e Garabato man a man colonizando o espazo, por terra mar e aire! Ao longo do sábado e do domingo, con pequenos e maiores, deseñamos, montamos, desmontamos, axustamos e construímos sen parar todo o que se nos ocorreu que podería facer falta e non había: pequenos refuxios-cabanas para os hermanitos e hermanitas pequenos, torres, fortes e cúpulas geodésicas baixo as que poderiamos ata acampar. O proxecto estrela foi o escenario específico para o público familiar, unha macroestructura de Palitroques colgada en pleno bosquecillo de froiteiros, baixo a que Esteban & Manuel actuaron para nós mentres o sol empezaba a baixar. Vaia gozada, o mellor premio para unha tarde de traballo.

Quedábasenos pequena a illa, e quixemos conquistar o mar, así que montamos unhas estruturas nunhas piraguas e un tras outro fomos saíndo a navegar, ninguén se achega á nosa illa conquistada sen verllas coas nosas arquitecturas flotantes!
Mentres isto pasaba no sur de San Simón, ao norte, na illa de San Antonio, outro grupo de robinsones querían coñecer técnicas de construción sustentable, aínda que fóra á conta de mancharse e empaparse (xogar con auga e barro no verán, que fatal…). Aprendemos a técnica do “ pallabarro” que, con materiais naturais e inmediatos (palla e barro), permite levantar pequenas construcións feitas por nós mesmos. Aí estivemos, mesturando, escurriendo, encofrando e desmoldando peza a peza, para deixalas secar ao sol antes de poñelas en uso. O resultado? Unha nova técnica aprendida, unha chea de pezas Lupo novas, caras riseiras e sucias e cero impacto ambiental.

Todo o que rodea ao SinSal é misterioso e marabilloso, por iso non é posible prometer nada, pero quizais o ano que vén vexámonos de novo nas illas dispostos a xogar moito, aprender máis e pasalo aínda mellor, se é que é posible. Oxalá si!

 

A fin de semana do 6-7 de Outubro foi o Sinsal de outono no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. E como nos prometeron boa música, boa arquitectura e boa mar non tivemos nin que pensárnolo e alí presentámonos coa nosa didáctica, unha chea de pezas e palitroques e cámara de fotos.

O plan era seguir a idea que Aldo Rossi e César Portela cando expuxeron o edificio: que mellor maneira de facer un museo sobre o mar que metendo no espazo expositivo a ría de Vigo que nos rodea. Eles abriron xanelas nos muros para crear cadros vivos de escenas mariñas, nós empezamos construíndo as nosas xanelas pero a creatividade, a inspiración e un pouco de tolemia foron derivando na intervención sobre a propia arquitectura construída. Os nenos e nenas, e algún espontáneo de máis idade, lanzáronse a modificar os ocos con celosías, tapiados parciais, esculturas antropomórficas… Todo para espremer ao máximo o concepto de “xanela”, a contorna marítima e o propio Lupo de escuma verde.

Animados polo éxito do proxecto e xa con confianza entre nós decidimos facer unha réplica da característica fachada. Niquelao. É certo que houbo un derrube anecdótico, sobre un pequeno operario que levou un baño de pezas de escuma, pero tanto o proceso como o resultado encantarían ao propio Rossi, claramente.

Cando o propio espazo é tan bo é fenomenal ver como se converte no obxecto da dinámica e na escusa para non deixar de xogar. Por iso, sen darnos conta, pasaron 3 horas sen parar de facer e desfacer e unha chea de fotos que non chegan a facer xustiza ao que alí pasou. 

Traballar así, e con música de fondo, é o máis. Seguirédesnos tendo dispostos a aparecer nos Sinsal que xurdan e no Museo do Mar sempre que se tercie.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Análise externa de Repensando a Escola

Reciéntemente as boas prácticas da nosa actividade Repensando a Escola foron analizadas polo profesor/doutorando Jorge Conde Miguélez dentro do Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario da Universidade de Santiago de Compostela.

As conclusións foron que o proxecto cumpre no alto grao os criterios de boas prácticas en educación desde a perspectiva comunitaria. Foron analizados desde puntos de vista de innovación, sustentabilidade, eficacia, sustentabilidade, replicabilidad, ética ou a capacidade para xerar empoderamiento e traballo en rede.


[Link] para ver o documento en pdf.

2º trimestre dos talleres de Nenoarquitectura

151221_slides_nenoarquitectura_gal

Chega un novo curso e con el os talleres infantís Nenoarquitectura na Fundación Seoane da Coruña.
A partir do 16 de xaneiro esperámosvos todos os sábados en horario de 11:30 a 14:00.

O curso organízase en trimestres durante o ano escolar para grupos de 12 nenos como máximo (e de 10 como mínimo). Este ano redúcense os prezos e haberá dous grupos; o de EM-PEZA de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos e DES-PEZA nivel avanzado para nenos de 10 a 12 anos.

A continuación podedes ver os contidos de cada taller e as follas de inscrición.

————————

Lugar.
Fundación Luis Seoane.
c/ San Francisco n27. A Coruña
Horario. 11:30-14:00

Días.
Todos os sábados (salvo festivos) do 3 de Outubro ao 19 de Decembro.

Precio.
30 euros por trimestre

Descontos.
-10% dous o máis hermanos

INSCRICIÓN E INFO:
981 216 015
info@fundacionluisseoane.gal
www.fundacionluisseoane.gal

DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN:

– Para EM-PEZA aquí
– Para DES-PEZA aquí

————————

emPEZA

A didáctica será desenvolvida polo equipo de Sistema Lupo e empregarase material do propio Sistema Lupo.

O taller incluirá unha serie de contidos nos que a arquitectura, o deseño e o urbanismo terán un especial protagonismo.


16 Xan – A pirámide
23 Xan – Fondo e figura
30 Xan – Esculturas vivas
06 Feb – Entroido espacial
13 Feb – Estruturas vertebradas
20 Feb – Labirintos
27 Feb – Arquitectura máxica
05 Mar – Antiga Grecia
12 Mar – Refuxios
19 Mar – Taller familiar

desPEZA

A didáctica será desenvolvida polo equipo de Sistema Lupo e está baseada en contidos de deseño onde a arquitectura, a escultura, a música e o deseño industrial terán un especial protagonismo.

Achegamento ao deseño gráfico e o debuxo en 2 e 3 dimensións con uso de programas informáticos e pezas físicas tridimensionais que introducirán o participante no fascinante mundo do deseño peza a peza.


16 Xan – O meu mellor perfil
23 Xan – Lupo Dixital
30 Xan – 3D-nigmas
06 Feb – What is the matrix?
13 Feb – Arquisound
20 Feb – Seguindo o ritmo
27 Feb – Ao compás
05 Mar – Intrépidos escaladores
12 Mar – Do, Re, Mi
19 Mar – Obradoiro familiar

Nenoarquitectura

Seleccionado en Arquia próxima 2012
[ ver catálogo ]


Fundación Luis Seoane
Colaboradores
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
(Delegación de Coruña)

Didáctica
Sistema Lupo

Monitores
Patricia Amil
David Antuña
Loli Diego
Mar Lista

Fotografía
Sistema Lupo




Memoria & Fotografías
Dende o ano 2010 Sistema Lupo desenvolve en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (delegación da Coruña) e a Fundacion Luis Seoane un curso que inicialmente era trimestral e que rematou por converterse en anual para o achegamento dos nenos á arquitectura. (ou viceversa aínda non o temos moi claro).

Nace ligado á figura e pensamento do artista Luis Seoane, caracterizado por un discurso en favor da integración das artes, a didáctica faise polo tanto, permeable a toda manifestación artística ou creativa e en ocasións aproveitamos as exposicións propias do museo ou a visita de artistas invitados para incluílos na programación. Durante estes anos o taller (que se desenvolve cada sábado en sesións de dúas horas e media) foi evolucionando e na actualidade contamos con dous programas simultáneos de grande aceptación.

NENOARQUITECTURA
Dirixido a nenos de 6 a 9 anos, está organizado en grupos temáticos que evolucionan en dificultade ao longo do curso.

Traballamos co material lupo nas súas diferentes escalas e materiais e xeramos un caderno de obra onde recollemos o traballo diario. O traballo en equipo é unha parte fundamental do taller a través do lupo reto con que pechamos cada sesión.

Nestes talleres trátanse temas xerais como a escala, o material, as proporcións, a cor, a composición… non só aplicables á arquitectura, tamén á arte ou ao deseño.

Outra serie de talleres relaciona a arte e a arquitectura de diferentes épocas e procedencias tratando de interconectar as manifestacións artísticas cos seus condicionantes sociais, ambientais ou históricos.
Todo iso para tratar de xerar no neno un clima óptimo para o desenvolvemento das súas capacidades. Nun ámbito eminentemente lúdico e des contextualizado do centro escolar fomentamos un ensino transversal onde cada un achega os seus coñecementos e as súas experiencias para interpretar os temas propostos de modo crítico.

DES-PEZA
Dirixido a nenos de 10 a 12 anos, xorde como requirimento dos nenos que cumprido o seu paso por Nenoarquitectura queren manter a súa presenza nos talleres.
É polo tanto un “encargo” dos propios nenos que tras un curso enteiro xa dominan os temas e retos propostos e polo tanto reclaman un maior grao de dificultade.

Neste bloque introduciuse o mundo do deseño con máis forza dando aínda maior liberdade ao neno no seu proceso de deseño e proxecto, mesmo dotándolles das ferramentas para crear novos lupo retos.

Introdúcese o uso do software específico a través de LUPO VIRTUAL de modo que podemos incluír mais actividades relacionadas coa visión en 3D.
A isto súmase o uso de técnicas virtuais como a Realidade Aumentada tratando de manter a conexión entre o mundo virtual e o real a través de retos que proxectan coas ferramentas virtuais e constrúen coas físicas.

O nome do proxecto procede do traballo fin de máster do arquitecto David Antuña, colaborador habitual de Sistema Lupo e monitor destes talleres quen deseñou esta unidade didáctica para alumnos de secundaria. Repensada e adaptada está sendo utilizada con nenos de últimos curso de infantil e para nós supón pechar un ciclo educativo de transferencia de coñecementos entre a universidade e a sociedade.


Lupo + Los Carpinteros

Gijón, 2010

Proxecto didáctico
Sistema Lupo

Coordinación
Lucía García

Mediación
Aida Rodríguez
Elena Álvarez

Actividade didáctica de apoio á exposición Pasajes. Viajes por el híper-espacio.
Laboral Centro de Arte y Creación Industrial

Comisarios da exposición
Daniela Zyman
Benjamin Weil

En colaboración con
Thyssen-Bornemisza Art Contemporary Collection


Los Carpinteros en artsy.net [aquí]

 

Memoria & Fotografías

Actividade complementaria da exposición Pasaxes. Viaxes polo híper-espazo.
A exposición integrada fundamentalmente por instalacións e obras de grande escala, foi concibida para estimular un percorrido contemplativo, reintroducindo o espectador no centro mesmo da experiencia artística, e propón unha viaxe inmersivo a unha dimensión perceptiva
que activa o físico, o sensual e o cerebral.

Entre as instalacións destaca a obra dos CARPINTEIROS ” Frio Estudio del Desastre”, que invita o espectador a participar dun momento conxelado no tempo.
Unha escena fotográfica fugaz que grazas á montaxe expositiva pode ser vivida creando unha relación especial espazo-temporal.

O taller didáctico tratará de recrear esta sensación e intentase explicar dous conceptos fundamentais presentes na obra:

– A vulnerabilidade das estruturas arquitectónicas a través do estudo do muro.
– A relación espazo-tempo na instalación artística.

Para iso formúlase unha primeira aproximación en colaboración cunha asociación de maiores que serán os encargados da montaxe expositiva. A partir deste momento será o equipo didáctico de LABoral os encargados de desenvolver diferentes talleres para escolares e visitantes da exposición.

 



Dossier

.