Parabéns ao CEIP Ortigueira

O proxecto #Repensandoaescola segue achegando grandes noticias, aquí deixámosvos o vídeo do concurso Vindevideos da Consellería de Educación co que o C.E.I.P. Ortigueira gañou o segundo premio.
Felicidades! Seguimos traballando cos coles para empuxar neste esforzo de innovacion docente.

Novos proxectos en Repensando a Escola

Ao longo do curso 2016/2017 continuamos por terceiro ano consecutivo con esta expericiencia cos alumnos e claustro do Centro Público de Educación Infantil e Primaria Ortigueira.

Tras un primeiro ano no que se plantaron as bases, estudando os espazos que habitan mediante a realización dunha maqueta do estado actual do Colexio e xerando uns planos da memoria con experiencias e anécdotas de antigos e actuais alumnos, e realizando unha primeira intervención física, na que á vez que se completaban as explicacións das xeometrías cónicas transformábase o espazo da antiga casa do mestre; e un segundo ano no que actuou no espazo do patio para xerar unha Aula do Bosque en colaboración coa artesá-bióloga Idoia Custa; neste terceiro ano propoñémonos a construción dun novo aseo para infantil durante o curso.

As obras deparan sorpresas e a primeira foi durante a primeira fase de demolición onde atopámonos nos ladrillas pistas da nosa historia industrial. Grazas a Miguel Díaz Rodríguez e Alberto Alonso Ouro coñecemos máis sobre Cerámicas a Caeyra, fundadas polo marqués de Riestra e subministradoras do material que protagoniza o cole.

Deica pouco darémosvos máis noticias e imaxes deste interesante proxecto, onde os alumnos son os que dan forma a un dos espazos que utilizan diariamente. De momento deixámosvos con algunhas imaxes do proceso, no que podedes empezar a descubrir elementos tan curiosos como o tobogán de saída do aseo, o laboratorio de cor co que aprenderán moitas cousas sobre como funcionan as mesturas de pigmentos ou a maneira na que se define o aparello da nova fachada.

Repensando a Escola – A aula do bosque

“Arquitecturas Vivas” es otra actividad que se complementa y se nutre de las posibilidades que ofrece la oferta escolar. En este caso se trata de una propuesta para el programa “Voz Natura”, un programa del diario “La Voz de Galicia” para implicar a la comunidad escolar de Galicia en la recuperación y defensa de la naturaleza a través de programas anuales que se desarrollan en los centros. En este caso se propone la creación de un refugio o aula de la naturaleza en el patio, concretamente en la zona más densamente poblada por árboles de diferente porte, uno de las cuales se secó y debe ser talado. Parece un buen momento para hacerle un homenaje.

Se propone la forma geométrica protagonista del proyecto; la “oreja”, figura policéntrica basada en la tangencia de tres circunferencias de radio diferente. De hecho utilizaremos el toro cortado como centro de uno de estos focos de la oreja para dibujar la traza de nuestra construcción.

O proxecto permitiranos ademais traballar en colaboración cunha artesá-bióloga especialista neste campo: Idoia Cuesta, que destacou no campo do deseño a través do uso de técnicas vinculadas á cestería tradicional, o seu traballo defínese como cestería contemporánea e será peza fundamental desta actividade. O traballo con Idoia permítenos facer un percorrido completo a través do material e das técnicas para terminar tecendo nosa propia arquitectura.

A técnica das estruturas vivas require ademais dun meticuloso coidado na poda e posterior replantación da vimbia de modo que seremos sensibles á época do ano e á humidade do terreo. Tamén nos servirá para experimentar o espazo dos novos volumes propostos en proxecto, a operación orella comeza con bo pé!!

Repensando a Escola – O teito acústico

Dentro das conclusións propias da fase de análise aparece como tema a resolver o acondicionamento acústico do comedor. É un caso recorrente en moitos centros escolares, o comedor é unha peza que foi incorporada ao programa do edificio a petición das ANPAS e xestionado directamente por elas. O seu éxito na xestión empuxou á administración autonómica a ofrecer este servizo que actualmente xa é de uso habitual, con todo as condicións acústicas non están resoltas.

O comedor presenta un índice de reverberación moi elevado debido ás fachadas acristaladas que rodean a sala. A carencia de superficie de absorción foi resolta coa inclusión duns paneis fono absorbentes que replicando as figuras de lupo permiten combinarse a modo de mosaico e crear unha actividade participativa cos nenos. Todas estas actividades foron realizadas co apoio de empresas locais ou da brigada de obras deixando unha parte aberta para a participación do neno.

O obxectivo é crear unha atmosfera de participación de todos os usuarios de modo que os propios nenos se vexan capaces de resolver o problema e entendelo de maneira directa, é un novo exemplo de acción-reacción de relación teoría-practica, esta actividade acompáñase de clases teóricas onde se traballan conceptos acústicos guiados por Luís Martínez (o profe de música). O mosaico final en dúas cores (branco-laranxa), reproduce diferentes exercicios onde visualizar leis da Gestalt e xogar así coa percepción. O teito acústico constitúe en si un novo compoñente lúdico-educativo.



Lupo no cole – CEIP Ortigueira

“Lupo no Cole” é unha versión de talleres de tipo extraescolar que procede da experiencia dun grupo de arquitectos (sistemalupo) en talleres anuais de Nenoarquitectura para museos e campamentos de verán.

Establécense programas de dez sesións de 90 minutos onde se tratan temas relacionados coa arquitectura e os seus efectos colaterais nas artes, a historia ou a ciencia. Neste programa a Arquitectura considérase aglutinante de moitas outras disciplinas parte das cales se están tratando nas aulas de formas específicas e adaptadas ao curriculum académico.

Este modelo educativo baseado nos proxectos, de gran presenza nos nosos centros, compleméntase cunha programación flexible chea de retos e documentación facilmente apropiable polo profesor. Componse de fichas individualizadas con actividades a realizar co material lupo (Super Lupo, Eco Lupo, Lupo Plot, DIY, ou lupo virtual, a nosa aplicación) Todo o material é de creación e patentes propias e forma parte dun proxecto global destinado a introducir os valores propios da disciplina arquitectónica no ámbito educativo.

As xanelas dos edificios son os ollos cos que miramos o mundo. A través de material didáctico propio de Sistema Lupo, reflexiónase sobre as diferentes formas de relación entre o interior e o exterior dos distintos edificios que forman parte do CEIP de Ortigueira. Por suposto sempre hai espazo e tempo nas actividades para que os alumnos propoñan a súa propia visión do que debería ser unha xanela.



Repensando a Escola – O Cono

Seguindo o traballo do artista Gordon Matta Clark, exponse unha intervención sobre a casa do mestre como un acto de reflexión sobre como deben ser os espazos educativos no século XXI e que papel deben xogar os alumnos na configuración destes espazos. Trasládase a lóxica transversal dos sistemas educativos aos espazos nos que se educa tentando romper os muros da educación convencional dun modo nada metafórico.

O proxecto enténdese como unha unidade didáctica en si mesma onde se poden explicar de forma sinxela as xeometrías cónicas derivadas das diferentes interseccións dun plano cun cono. Búscase unha aproximación fundamentalmente práctica a través de pequenas maquetas facilmente construibles cunha simple cartolina e o traballo no patio para comprender as regras xeométricas.

O baleirado en forma de cono exposto na casa do mestre ten a finalidade de introducir aos alumnos en conceptos xeométricos e matemáticos dunha forma práctica e divertida. As interseccións do cono cos tabiques e forxados xeran xeometrías en forma de elipse, parábola
ou hipérbola.

Todo iso leva implícito o efecto transgresor propio da acción artística, o que en principio parece unha tolemia colectiva termina por converterse nunha acción clara, efectiva que transformará o espazo e fará que os alumnos se apoderen definitivamente do mesmo identificándose con el.

O proxecto entende a educación como un proceso de formación permanente. As fases de demolición foron executadas polo alumnado dunha escola taller na que os participantes realizan as prácticas á través desta actividade á vez que complementan a súa formación en técnicas de albanelería.

Asígnase ao cono a cor vermella e todos os elementos no interior do cono ou en intersección con él van pintados desta cor. Paredes, teitos, pasamanos ou lámpadas son susceptibles de pintarse se se atopan dentro do cono. E todo isto sen saírse das liñas trazadas polos propios nenos.

A imaxe final da intervención exponse para ser vista desde o vértice do cono situado nunha das habitacións. O vértice esta situado á altura do alumno de forma que a obra adquire sentido desde este punto de vista quedando ao descuberto o segredo da obra en canto abandonamos esta perspectiva.

Toda a casa do mestre convértese a través desta operación nun espazo de xogo que se apropian os
nenos e que ata agora permanecía en desuso.
Un novo laboratorio de experimentación e de xogo.

A maqueta sobre a que se reflexiona e se repensa a escola sitúase neste espazo en vermello, en movemento, en cambio… un espazo no que podemos observar desde o vértice do cono convertido nunha mirilla.





Repensando a Escola – A Maqueta

Como segundo paso e en paralelo ao plano da memoria realízase a maqueta de todo o colexio. Enténdese como unha forma de análise e reflexión critica sobre os espazos que habitan nesta etapa de formación. Preténdese introducir ao alumno no concepto da escala e a visión espacial aumentando ademais as súas destrezas manuais.

A maqueta, en calquera caso, é un elemento de xogo e de reflexión común entre os alumnos. Da mesma maneira que o xoguete, a maqueta fomenta o traballo en equipo e a colaboración.

O detalle da maqueta permite observar xa algunhas das preocupacións máis evidentes. A principal é a necesidade de unir os dous edificios destinados a aulas cunha pérgola a cuberto así como a posibilidade de chegar á casa do mestre baixo teito e poder reutilizar o edificio como comedor escolar.

Aparece tamén o interese pola recuperación de áreas infrautilizadas dentro do complexo e a problemática debida o tendido aéreo de instalacións ou a presenza dun transformador próximo á porta de entrada actual do colexio. Na actualidade están a realizarse as xestións necesarias para o soterrado do tendido e o traslado do transformador.

Existe por tanto un desexo claro de recuperar a unidade do complexo e evitar distincións entre o novo e o vello ou entre as aulas e a casa do mestre. Todo é unha escola.