Dozuki, a serra xaponesa

Este é o noso novo “xoguete”, o Dozuki ou serra xaponesa que nos servirá en próximas datas para o corte das espigas-conectores.
Para entender a precisión da ferramenta debemos entender os seus fundamentos, xa Bruno Munari no seu libro “¿ Cómo nacen os obxectos ? ” (1981) falabanos da estreita relación entre a forma do obxecto e o seu uso ou función e precisamente apoiábase entre outros no Dozuki xaponés para expoñer a súa tese.
O Dozuki é unha serra de corte de madeira, que ao igual que todas as ferramentas tradicionais de corte xaponesas diferenciase das occidentais no sentido de corte. Se ben as serras occidentais cortan no avance as xaponesas fano á inversa e cortan no retroceso ( cara o corpo do operario). Se ben isto tamén require un cambio na pose tradicional do carpinteiro xa que no é necesario incorporar o corpo cara a peza de corte senón ó contrario variar a posición e aproveitar a gravidade mantendo a empuñadura na parte inferior orientando a folla cara arriba..
Ao resultar a postura menos perigosa (sobre todo en caso de rotura), a folla pode ser realmente fina conseguindo cortes de gran precisión.
Como consecuencia de todo isto o fío penetra con extrema agresividade na madeira sen xerar repelo. Os Dozukis adaptan a súa precisión en función do espesor da folla e son os protagonistas da gran riqueza de unións da carpintería tradicional xaponesa podendo utilizarse para o corte de coníferas ou frondosas.
Na imaxe pode verse a calidade do acabado e a aparencia do noso Dozuki, un obxecto belo en sí mesmo porque é froito dunha filosofía coherente co seu uso.

Lo profundo es el aire

Accesit nos XIV Premio COAG. 2011


Colaboradores
Luis Miguel Fernández López
Borja Díaz Carro

Didáctica
Carolina Queipo

Asesoría Xurídica / Xestión patente
Alvarez Real

Fabricación
Aislasan –superlupo
Mucarce –ecolupo

Fotografía
Estudio Fermín Blanco
Archivo Eduardo Chillida
Archivo Jose M.Elosegui


+info
www.sistemalupo.com
www.museochillidaleku.com



Eduardo Chillida en artsy.net [aquí]




Memoria & Fotografías
Os talleres sobre a obra do escultor Eduardo Chillida surjen dunha estreita colaboración cos equipos de didáctica e documentación do Museo Chillida Leku. Froito desta relación xorde o proxecto Chillida Lupo a través do cal se desenvolven talleres infantís e familiares nas instalacións do Museo (especialmente con super LUPO ) e tamén se edita o estoxo Chillida Lupo unha edición especial de Eco Lupo que centra o seu contido na obra do escultor. A partir das 46 pezas que compoñen o estoxo formúlanse diferentes realizacións escultóricas ademais daquelas que xurdan polo uso creativo do sistema.

O Estoxo
O desmontable recóllese nun estoxo formado polas propias pezas. A montaxe debe realizarse creando diferentes bandexas: alternando pezas curvas e rectas. A montaxe e desmontaxe do estoxo proponse como primeiro achegamento dende a descomposición do cubo.

Os Talleres
Os talleres formulan retos baseados nas obras escultóricas. Dependendo dos graos de dificultade a didáctica adáptase aos grupos, educación especial ou familias.
Tamén se desenvolveron talleres noutras cidades aproveitando a presenza de obras de Chillida en lugares emblemáticos como o caso da escultura “o profundo é o aire” nos exteriores do Museo Nacional de Escultura de Valladolid (cale Cadeas de San Gregorio) onde se formulan relacións entre a escultura histórica figurativa e a proposta abstracta do artista donostiarra.
Outros talleres como os realizados con universitarios afondan na interesante relación das formas e a estrutura que as sustenta.






Dossier

.