SinSal Festival

2018

Organiza
Sinsal Audio

Coordina
Sinsal Audio

Embaixador na illa    
Diego Piñeiro Carrera

Participa
Sistema Lupo
Fermín G Blanco/ Mr Lupo
Carolina Queipo
Víctor González
María Bescansa
Jaime García Vega
Alba Pérez
Belen Vallina González
Marexada S.L
Arte y Garabato

Localización
Illa de San Simón, Redondela.
28 y 29.7.2018

Museo do Mar de Galicia, Vigo
06 y 07.10.2018

+info

 

Descripción

Unha illa musical, iso é no que se converte San Simón unha fin de semana ao ano. E aí estivemos, no fondo da ría de Vigo, en pleno verán galego (o suave), rodeados de árbores centenarias e con provisións de comida e bebida “ dabondo”. Ninguén sabía quen tocaría eses días, pero o que si estaba claro era que ía haber ambientazo, que o pasariamos en grande e que quereriamos repetir. E é que o sitio non é moi grande pero aínda cheo de espectadores faise amplo e relaxado, cóidase o lugar e o medio ambiente, tense en conta a todos os participantes e, encima, chégase en barco. What else?

Entre os asistentes, unha chea de intrépidas familias, ou o que é o mesmo, moita xente (de todas as idades) con ganas de xogar ao grande. E para iso estabamos alí. Sistema Lupo coas compañeiras de Arte e Garabato man a man colonizando o espazo, por terra mar e aire! Ao longo do sábado e do domingo, con pequenos e maiores, deseñamos, montamos, desmontamos, axustamos e construímos sen parar todo o que se nos ocorreu que podería facer falta e non había: pequenos refuxios-cabanas para os hermanitos e hermanitas pequenos, torres, fortes e cúpulas geodésicas baixo as que poderiamos ata acampar. O proxecto estrela foi o escenario específico para o público familiar, unha macroestructura de Palitroques colgada en pleno bosquecillo de froiteiros, baixo a que Esteban & Manuel actuaron para nós mentres o sol empezaba a baixar. Vaia gozada, o mellor premio para unha tarde de traballo.

Quedábasenos pequena a illa, e quixemos conquistar o mar, así que montamos unhas estruturas nunhas piraguas e un tras outro fomos saíndo a navegar, ninguén se achega á nosa illa conquistada sen verllas coas nosas arquitecturas flotantes!
Mentres isto pasaba no sur de San Simón, ao norte, na illa de San Antonio, outro grupo de robinsones querían coñecer técnicas de construción sustentable, aínda que fóra á conta de mancharse e empaparse (xogar con auga e barro no verán, que fatal…). Aprendemos a técnica do “ pallabarro” que, con materiais naturais e inmediatos (palla e barro), permite levantar pequenas construcións feitas por nós mesmos. Aí estivemos, mesturando, escurriendo, encofrando e desmoldando peza a peza, para deixalas secar ao sol antes de poñelas en uso. O resultado? Unha nova técnica aprendida, unha chea de pezas Lupo novas, caras riseiras e sucias e cero impacto ambiental.

Todo o que rodea ao SinSal é misterioso e marabilloso, por iso non é posible prometer nada, pero quizais o ano que vén vexámonos de novo nas illas dispostos a xogar moito, aprender máis e pasalo aínda mellor, se é que é posible. Oxalá si!

 

A fin de semana do 6-7 de Outubro foi o Sinsal de outono no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. E como nos prometeron boa música, boa arquitectura e boa mar non tivemos nin que pensárnolo e alí presentámonos coa nosa didáctica, unha chea de pezas e palitroques e cámara de fotos.

O plan era seguir a idea que Aldo Rossi e César Portela cando expuxeron o edificio: que mellor maneira de facer un museo sobre o mar que metendo no espazo expositivo a ría de Vigo que nos rodea. Eles abriron xanelas nos muros para crear cadros vivos de escenas mariñas, nós empezamos construíndo as nosas xanelas pero a creatividade, a inspiración e un pouco de tolemia foron derivando na intervención sobre a propia arquitectura construída. Os nenos e nenas, e algún espontáneo de máis idade, lanzáronse a modificar os ocos con celosías, tapiados parciais, esculturas antropomórficas… Todo para espremer ao máximo o concepto de “xanela”, a contorna marítima e o propio Lupo de escuma verde.

Animados polo éxito do proxecto e xa con confianza entre nós decidimos facer unha réplica da característica fachada. Niquelao. É certo que houbo un derrube anecdótico, sobre un pequeno operario que levou un baño de pezas de escuma, pero tanto o proceso como o resultado encantarían ao propio Rossi, claramente.

Cando o propio espazo é tan bo é fenomenal ver como se converte no obxecto da dinámica e na escusa para non deixar de xogar. Por iso, sen darnos conta, pasaron 3 horas sen parar de facer e desfacer e unha chea de fotos que non chegan a facer xustiza ao que alí pasou. 

Traballar así, e con música de fondo, é o máis. Seguirédesnos tendo dispostos a aparecer nos Sinsal que xurdan e no Museo do Mar sempre que se tercie.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286

Deixar unha resposta